mércores, 10 de xuño de 2015

Recomendacións para o Verán

Microrrelato de Nour Boubekeur

Non sei como dicirlle isto a Daniel, vivo con el e teño que separarme del… aínda que sexa o meu mellor amigo. Non quero deixar a Irma. Quero vivir con ela na Coruña, é un lugar fermoso e pacífico. Por outra banda, Daniel, acolleume na súa casa cando estaba na etapa máis chunga da miña vida, cando me despediron do cine máis cutre de Cataluña e por outra banda, os meus pais botáranme da casa. El era o único que me comprendera

Xa lle contei todo a Daniel, pechouse na miña habitación. Eu non entendía naa, estaba confuso. Cando saíu, tiña unha caixa coa miña roupa

-Que che vaia ben con Irma…

Eu so asentín, entendino todo

http://eldivorcioexpress.net/wp-content/uploads/2013/03/Las-diferencias-entre-separarse-y-divorciarse.jpg

Roteiro Manuel María




O día 19 de maio fixemos unha excursión na que visitamos a casa museo de Manuel María e o castro de Viladonga. Alí fixemos figuras de arxila.
Manuel María era un poeta galego moi famoso. O seu libro máis coñecido é Terra Chá.O noso guía alí foi Fran, un rapaz moi simpático.
Gustoume moito a súa estantería chea de libros. Eu quero unha así.
No castro, ademais da visita, fixemos un obradoiro de olaría. Fixen unha taza. Na casa pinteina de negro e escribín en branco Metallica.
Nour Boubekeur, 1º B

Fran explicounos todo moi ben na casa de Manuel María. Respondeu a todas as nosas preguntas. O que máis me gustou foi a biblioteca porque tiña libros que non se atopan en todas as bibliotecas. Tamén fomos homenaxear ao escritor na súa tumba. Chamoume a atención que todas as tumbas estaban moi pegadas

Sandra Cabarcos , 1º B

No castro sorprendéronme o pequenas que eran as casas nas que vivían naquela época.

María Eirín, 1º B

Manuel María tiña unha impresionante colección de libros. 
Encantoume a visita ao castro, souben diferenciar todos os lugares da antiga vila. Sorprendéronme as murallas derruídas, vaia defensa tiñan!
Eu fixen unha pokeball no obradoiro de olaría.

Alejandro Andrés de Lima, 1º B

Lembro que na casa de Manuel María había unha colección de navallas. Seica levaba sempre unha no peto. Gústanme os seus versos: 
Galicia docemente
está ollando o mar
ten portos mariñeiros
e terras pra labrar

Ana Carreras, 1º B

O noso guía na casa museo era moi amable, respondeu ás moitas preguntas que fixemos. 

Pensei que o castro sería máis grande do que era. No obradoiro de olaría fixen unha copa para regalarlle á miña nai.  

Franco Díaz, 1º B

Pensaba que a tumba de Manuel María estaría sinalada como a dun gran escritor. 

Iker Suena, 1º B

Había moitos libros. Foi abraiante que os trasladasen desde a súa casa de adulto ata á de neno e que os colocasen exactamente no mesmo lugar no que estaban orixinalmente. 

Eva Fernández, 1º B

Que cantidade de navallas tiña Manuel María!!

Ángeles Montoya, 1º B  

O 19 de maio fomos á casa de Manuel María, un poeta galego que naceu nunha casa labrega. Agora, esa casa é unha casa museo. O traballo de Fran, o seu guía, debe ser interesante. 

Había unha escultura entre dous espellos que me gustou moito. 
No cemiterio cantamos un poema de Manuel María, musicado por Fuxan os Ventos: O carro

Aldara Rodríguez, 1º B 

A excursión a Outeiro de Rei foi moi entretida e interesante. Aprendemos moitas cousas sobre Manuel María.
Tamén visitamos o cemiterio e a súa tumba era igual á do resto dos veciños.
A visita ao Castro de Viladonga tamén me gustou moito, explicáronnos moi ben como vivían os nosos antepasados e ademais, fixemos figuriñas de cerámica.

Paula Herrero Conde, 1º A

A visita foi moi "culturista ".... na casa de Manuel María respirábase cultura por todas as partes e encántame saber que alguén tan importante sea recordado e que nos institutos che dean a oportunidade de coñecer a súa casa ,a súa tumba, etc.
No castro respirábase moita historia arqueolóxica e ía un frío que pelaba e paseino moi ben, porque case caio nunha daquelas "casiñas".

Kalab Agulló Rodríguez, 1º A

A excursión foi divertida; fomos a Outeiro de Rei e a Viladonga. Aprendemos grandes cousas sobre os castrexos e sobre Manuel María.
Coñecemos a Fran, o guía do Museo, que era moi agradable.
Ao final fixemos figuriñas de cerámica, eu fixen un moucho e ben bonitiño que me quedou!
Sen dúbida foi unha excursión increíble!!!!

Iria García González, 1º A

Á viaxe á casa de Manuel María foi fantástica, a verdade é que tiña unha casa en condicións para os tempos que corrían.
Tamén me sorprenderon as coleccións que tiña,só vin a das navallas, mais o guía, Fran, moi amable, explicou que tiña moitas máis.
Aínda que a súa tumba me pareceu un pouco pequena para un escritor tan afamado.

Mario Guerra Castelo, 1º A





luns, 8 de xuño de 2015

Chile

O alumnado de 1º B preparou exposicións orais sobre temas da súa elección. Franco decidiu facela sobre o seu país e preparou unha presentación de powerpoint que agora vos presentamos.

As solucións ás preguntas finais serán publicadas nuns días.


luns, 1 de xuño de 2015

O galego non serve para nada


Sete da mañá. Soa o despertador. Mentres tomo o café con calma, acendo o portátil. Dou unha ollada ás novas do día no Praza Pública e no Sermos Galiza. Éncheme tanta política. Vou a Memoria Pixelada para ver se falan dalgún xogo interesante. Troco para Mallando no Android, vamos ver cal é a última que fixo Google. Repaso a portada do Chuza! apurando o café, que xa é moita hora e vou perder o bus.
"Vou a Memoria Pixelada para ver se falan dalgún xogo interesante. Troco para Mallando no Android, vamos ver cal é a última que fixo Google. Repaso a portada do Chuza! apurando o café, que xa é moita hora e vou perder o bus".
O galego non serve para escribir novas.
Subo no bus, saudando cun Bo día! á condutora. Respóndeme cun Bos días bastante mecánico, mais é que a quenda de mañá non debe ser moi apetecíbel. Sento atrás de todo e saco o mp3. Soa Terbutalina a todo volume. Se cadra é un pouco forte para estas horas. Poño algo de Ataque Escampe e entretéñome ollando pola xanela.
O galego non serve para facer música.
Chego ao hospital. Hoxe teño prácticas de Pneumoloxía. Mándanme facer a historia clínica ao primeiro doente da mañá.
—Fuma?
—Eu non fumo, non, que mo quitou o médico.
—Non fuma nada, nada? — retruco con voz suspicaz.
—Vaia ho, un cigarriño co café, máis nada.
O galego non serve para ser médico.
Chega a hora do xantar. Como non me apetece cociñar, vou ver que hai hoxe na cafetaría. Encóntrome con Maria, unha das alumnas portuguesas que veu estudar Medicina a Compostela. Convídame a sentar con ela.
—Assinaram-te as práticas hoje?
—Asinaron. A ti non?
—Não, o tutor não estava e a residente não me quis assinar.
—Ai, ho! Está todo tan mal organizado...
O galego non serve para falar con xente de fóra.
"Preparo a cea e chántome diante da tele. Hoxe botan Serramoura. Estou enganchadísimo.O galego non serve para facer series de televisión"
Á tarde vou tomar algo cos amigos. Pido un refresco de laranxa. ¿De naranja? De laranxa, si. Sóame o móbil. É unha mensaxe do Centro de Transfusións que di A unidade móbil estará diante da facultade de Medicina os días 24 e 25. O teu sangue é vida. Póñoo en silencio e continúo a botar contos. Comeza a escurecer. Vai sendo hora de ir para a casa. Preparo a cea e chántome diante da tele. Hoxe botan Serramoura. Estou enganchadísimo.
O galego non serve para facer series de televisión.
Acaba o episodio e non teño sono. Abro o portátil. Vou ao Youtube e premo onde di As miñas subscricións. Hai vídeo novo dos Poetarras. Moito me prestan. Vou ao apartado Que ver e chámame a atención un vídeo sobre ciencia. Vaia, está en inglés. Vou mirar nos subtítulos e... bingo. Ten subtítulos en portugués do Brasil. Miro a hora de esguello. Xa é tarde. Fago unha visita rápida ao Facebook, que me pregunta Que andas a pensar?.  O que ando a pensar é en ir durmir, que se non mañá vai facer falta un guindastre para me erguer da cama.
O galego non serve para navegar pola Internet.
Ao deitarme na cama acórdanme pensamentos aleatorios. Penso nesa rapariga que me ten perdidiño, nos exames que están a piques de chegar e nos plans que teño para a fin de semana. Porén, o sono acaba por vencer e vou adormecendo aos poucos, acochado ao quentiño. Mañá ha de ser outro día.
O galego non serve para nada.