venres, 18 de decembro de 2015

Chamando ás portas do ceo e outros libros de Jordi Sierra i Fabra

Club de lectura de Chamando ás portas do ceo









Aquí tedes algúns dos libros de Jordi Sierra i Fabra traducidos ao galego. Podédelos atopar en Bibliotero


Encontro con Jordi Sierra i Fabra

Eis uns apuntamentos sobre o que este autor falou onte

Comezou explicando a súa vinculación coa música, a súa gran paixón. Durante todo o encontro desenvolveu esta relación amorosa.
"Os meus amigos son músicos" 

A súa infancia

"Veño porque cando tiña a vosa idade, quería escribir e nunca ningún escritor veu á miña escola"

"Lía un libro ao día. O que lía, marcábame"

"Quería ser escritor, non polos cartos, senón para ser feliz"

"Ler salvoume a vida"

Creatividade
"Dáme un xornal e saco dúas novelas"

"De 20 sementes, soamente medra unha"

"Cando fago ciencia ficción, son deus, creo vida"

"Viaxo moito para documentarme. Estou medio ano viaxando"


A vida: explicounos a súa experiencia vital e como a literatura influíu nos seus actos. 

"A cultura é beber a vida, absorbela"

"Os que nunca leron un libro, non saben de que falar"

"Sentir e vivir experiencias para vivir"

"Estamos vivos porque compartimos cousas"

"Ler é aceite para o cerebro humano"

"Lendo e nunha relación sexual estás ti e o outro protagonista. Soamente ti sabes o que sentes"

"Espero vivir 100 anos e seguir escribindo"

"A arte non se fai polo que che pagan senón polo que ti sentes cando creas"

"A miña intención non é dar consellos senón facer unha novela"

Desnuda 
Este foi o libro do club de lectura do segundo ciclo da ESO. Dedicámoslle un espazo especial. +

"Parco é un libro difícil, durísimo. Ninguén quería publicalo"

"Escribín Desnuda porque son feminista. Hai 30 anos que escribo "o ser humano" en lugar  de "homes""

"A violencia de xénero é unha humillación, a peor"

"O primeiro golpe ten que ser o último"

"O asasinato dunha rapaza de 14 anos fíxome reunir experiencias  e "vomitar" este libro."

"O amor non é unha cadea, o amor son ás"

Reflexión final



"Paz, amor, respecto, honradez e esperanza, eses son os meus piares"