domingo, 28 de febreiro de 2016

Rosalía sempre viva

Un ano máis acudimos a Outeiro de Rei á convocatoria da Casa Museo Manuel María.
Tanto Aroa como Marina escolleron para declamar dous poemas  do cantor da  Terra Cha.




mércores, 24 de febreiro de 2016

#mobilizaRosalía

Hoxe todo o noso centro estivo imbuído do espírito de Rosalía. Chiamos #iesoteropedrayocoruña, recitamos, pintamos, revisamos...

mércores, 17 de febreiro de 2016

O venres 12, o noso alumnado de 4º foi visitar a RAG  e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, visita que organizaron os Deptos de Lingua Galega e Lingua Española, e que lles resultou do máis proveitoso e engaiolante tal e como se pode observar nas seguintes fotografías.
Salón da RAG
Salón da RAG con Rosalía ao fondo

Mesa presidencial da RAG

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán-salón

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Ángel Carracedo visitará o noso centro o venres

Ángel Carracedo, referente internacional no ámbito da Xenética Forense, visitará o noso centro o próximo venres 19 a terceira hora.


"–Debe empregarse máis o galego en ciencia?
–Eu teño unha fortuna grandísima na miña vida que é que estudei por libre ata os 15 anos. En Santa Comba, só había ata ingreso, aos 10 anos. O resto o fixen pola miña conta, na casa. Examinábame por libre. Os exames eran en castelán. Pero a miña nai era de Valladolid e por iso teño un bilingüismo absoluto. Eu fago a miña divulgación en galego. O primeiro por chegar á xente. Un dos regalos mellores que me fixeron nunca foi un libro dos rapaces do instituto Alfredo Brañas de Carballo. Todos escribiron o que sentían. E cada frase era emocionante. E moitos dicían: “Sentímolo noso”. A única maneira de ter empatía e de emocionar é facelo na lingua na que eles sinten."

Artigo orixinal: O Portal da ciencia galega

Aquí o podedes escoitar:




Conferencia enteira:

martes, 16 de febreiro de 2016

Namorando coa palabra

Hoxe no recreo léronse algúns poemas participantes neste concurso. O 4 de marzo coñeceremos o fallo do xurado

martes, 2 de febreiro de 2016

Máis fotos de Andrea Maceiras

Pablo Ocampo e Eva Fernández (2º B) foron dous dos nosos reporteiros no Encontro con Andrea Maceiras. 

Andrea Maceiras escribe desde nena, pero a experiencia de gañar un premio en 1º ESO, fíxoa recoñecer canto lle gustaba escribir. 

Andrea afirma que Europa Express nace da súa viaxe en interraíl ao rematar o bacharelato. Ten un caderno onde pega os billetes de tren, os tickets de compra e escribe sobre as experiencias que lle suxiren os lugares que visita. Identíficase con Aroa, aínda que a súa personaxe favorita é Mía "É moi divertida e paseiino moi ben escribíndoa". Como Xacobe, sempre leva unha libreta de notas. 

Gústalle escribir nas cafeterías. Busca un espazo cómodo e tranquilo. 

Citas importantes:


~"A imaxe é poderosa é capaz de desterrar a palabra."


~"Cada historia é especial por si mesma."


~"As ideas da nosa cabeza non sempre quedan tan ben cando as pasas o papel."


Moito nos gustaron os seus libros Europa Express e Nubes de evolución.
O comezo do encontro foi un relato sobre a orixe desta última novela. Puidemos visualizar o proceso grazas ás túas palabras.
Como vedes, gustáronlle moito os murais que se fixeron sobre ela, tanto que os fotografou.

Visita da escritora Andrea Maceiras ao noso IES

Andrea Maceiras veu hoxe-2 de febreiro- ao noso centro falar dos seus libros Nubes de evolución e Eurpa Express ao alumnado de 3º e 4º da ESO respectivamente. Resultou ser unha charla do máis entretida e interesante.