martes, 25 de abril de 2017

xoves, 6 de abril de 2017

As receitas de Escarlatina, a cociñeira defunta

Como traballo sobre o libro da segunda avaliación, o alumnado de 1º D tivo que cociñar.... algunha das receitas propostas no libro. Moito traballaron, xunto cos seus colaboradores familiares. Penso que foi unha actividade positiva para tod@s. Os rapaces e as rapazas aprenderon a facer distintos pratos e vocabulario sobre a cociña. Ademais, compartiron un tempo coas súas familias. Sempre gusta máis comer algo que un mesmo fixo.

Parabéns a tod@s!!!



























Intercambio lingüístico 2017



Os clubs de lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel e do IES Ramón Otero Pedrayo volveron vivir un día de Intercambio. Desta volta, o anfitrión foi Coristanco.

Prepararon un fermoso vídeo presentando a súa contorna, as súas parroquias e lugares.

Tamén falamos dos libros que lemos durante este curso, algúns deles, compartidos.

E despois dedicámonos a pasalo ben, pero todos xuntos. A visita ao MELGA foi moi divertida. O seu creador, Ricardo Pérez y Verdes, explicounos tantas e tantas cousas que algúns aínda quedamos con ganas de saber máis. Xogamos ás carrilanas, ao varapau, aos birlos e a moitas outras cousas.

Fomos xantar á praia de Balarés onde tamén fixemos algo de deporte tradicional.

Moitas grazas a tod@s @s que traballaron para que este día fose fantástico.


As árbores senlleiras

Na materia de Investigación, durante a primeira avaliación, realizaron traballos por grupos sobre árbores autóctonas galegas. Tamén fixeron as maquetas das árbores.

Moitos profes quedamos impresionados do traballo e quixemos implicarnos, uníndonos nun proxecto que denominamos Árbores senlleiras.

E aí estamos, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Lingua galega traballando conxuntamente en todo 1º ESO para poder realizar unha exposición na terceira avaliación. O ritmo de traballo nas aulas está sendo frenético estes días.