sábado, 10 de novembro de 2018

ROTEIRO OTERIANO 2018-2019

Un ano máis o Depto. de Galego e os depto. de Xeografía e Historia e de Normalización da Lingua Galega do IES R. Otero Pedrayo realizaron o Roteiro oteriano para afondar máis na figura e na obra do Patriarca das Letras Galegas, Ramón Otero Pedrayo.
Para cumprir con ese obxectivo visitamos o Mosteiro de Oseira, O pazo de Trasalba e a cidade de Ourense, escenarios que dun xeito ou doutro influiron na súa obra e na súa vida. Alí contamos con guías que nos foron amosando ditos lugares e explicando como influíron estes nas súas obras. De feito, en Trasalba, puidemos ver o mapa de Domingo Fontán ao que se fai alusión na súa novela Arredor de si,  ou ben a fachada barroca da capela dun dos pazos que aparece noutra das súas obras como é Os camiños da vida.










mércores, 23 de maio de 2018

Intercambio Lingüístico con Coristanco

Un ano máis puxemos cara e voz a aquelas persoas coas que intercambiamos cartas durante todo o curso. Este ano tocounos facer de anfitrións e anfitrioas do alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, na súa inmensa maioría, seareiros do Club de Lectura, Coristranca.
Desta vez, despois de recibírmolos no Centro, dirixímonos á cidade dos cabaleiros, para visitala, coñecer o Museo das Mariñas e rematarmos dando un paseo polo parque do Pasatempo.
Foi unha visita de confraternidade, na que houbo lugar para o coñecemento, a diversión e o intercambio de agasallos.
Agardando xa polo próximo encontro:








venres, 27 de abril de 2018

ROTEIRO PONDALIANO

O 24 de abril, os Departamentos de Lingua Galega e Ciencias Sociais realizamos o Roteiro Pondaliano,  co alumnado de Segundo da ESO.
Visitamos o Castelo de Vimianzo acompañados dun guía que nos contou a historia do mesmo e posteriormente, nos levou ver o funcionamento dos batáns de Mosquetín .
Pola tarde, adentrámonos no territorio Pondaliano, estivemos na Ponteceso, recitando uns poemas fronte á casa do bardo para acudir despois á Fundación Eduardo Pondal. Rematamos a visita no faro de Brántoa.
Eis unha mostra fotográfica do mesmo:








mércores, 25 de abril de 2018

ROTEIRO ROSALIANO



Como cada curso, o alumnado de 3º da ESO do noso IES realiza este roteiro literario para aprofundar  na obra e na personalidade da nosa insigne escritora Rosalía de Castro. Este é un roteiro interdisciplinar no que participa non só o Depto. de Galego senón tamén o de Xeografía e Historia e o ENDLG.
Realiazamos o roteiro o 24 de abril tal e como tiñamos programado. Durante a visita vimos a praza do Obradoiro, o Pórtico da Gloria, o Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres, diversos lugares de Santiago relacionados con vivencias de Rosalía, como o seu lugar de nacemento, o centro no que estudou (hoxe IES Rosalía de Castro) ou monumentos adicados a ela como o da Alameda.
De Santiago marchamos a Bastavales para oír as campás e recitar o poema "Campana de Bastavales /cando vos oio tocar/ mórrome de soidás ...", e de aquí dirixímonos a Padrón para ver o monumento adicado a Rosalía que hai no Espolón e logo visitamos a Casa-Museo na que rematou os seus días alá por 1885.
Aquí podedes ver algunha imaxes e vídeos da visita cultural que realizamos.


Museo do Pobo Galego





Panteón de Galegos Ilustres


Monumento a Rosalía na Alameda

Praza de Vigo (lugar de nacemento de Rosalía)


Alameda

Padrón ( no Espolón)
  Bastavales
Bastavales

Casa_Museo, Padrón

xoves, 12 de abril de 2018

Roteiro oteriano 2018

Como cada curso, o alumnado de 4º da ESO do noso IES realiza este roteiro literario para aprofundar un chisco máis na obra e na personalidade dun dos mellores escritores da xeración Nós, que ademais dá nome ao noso instituto, Ramón Otero Pedrayo. Este é un roteiro interdisciplinar no que participa non só o Depto. de Galego senón tamén o de Xeografía e Historia e o ENDLG.
Este curso realizamos a visita o 10 de abril para facela coincidir co aniversario da morte (1976) do escritor e patriarca das Letras Galegas para agradecer así o convite que a Fundación R. Otero Pedrayo nos fixo por ser un centro que leva o nome do autor e, ademais, por vir facendo esta visita curso tras curso. Por iso este ano fomos recibidos en Trasalba, na casa de Otero, polo presidente de dita Fundación; e logo, pola tarde, o secretario da mesma fíxonos de guía por toda a cidade de Ourense.
     A nosa visita comezou no mosteiro cisterciense de Oseira e de alí trasladámonos ata Trasalba para visitar a "Casa-Museo" de D. Ramón. Alí entramos en dúas quendas acompañados dunha guía que lle foi explicando ao alumnado certos aspectos biográficos e culturais de Otero Pedrayo.
    Xantamos alí e a continuación dirixímosos a Ourense capital. Unha vez na cidade comezamos a visita polo cemiterio de S. Francisco onde están enterrados moitos escritores galegos: Lamas Carvajal, Florentino López Cuevillas, "Ben Cho Sei", Blanco Amor, José Angel Valente e, por suposto,  Otero Pedrayo, a quen lle fixemos unha ofrenda floral na súa tumba. Logo baixamos pola praza do Corrixidor, onde hai unha estátua de D. Ramón, para visitar a catedral e quedar impresionados polo Pórtico do Paraíso, que aínda que é unha copia do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, na actualidade está totalmente restaurado e o seu resultado é espectacular. De aquí continuamos co noso roteiro literario pola cidade comentando aspectos do itenerario da Esmorga de Blanco Amor ou da obra literaria de Carlos Casares ata chegarmos á praza Maior, onde está o museo Arqueolóxico, a igrexa de Santa María a Maior e o concello, institución que tamén acabamos visitando.
   De todas estas visitas tedes unha pequena mostra gráfica a continuación.

3º Claustro

Mosteiro de Oseira: igrexa













                                                         Sala capitular ou sala das palmeiras
      
TRASALBA: biblioteca da Fundación Otero Pedrayo

 
     Salón do "pazo" de Trasalba,
 Casa de R. Otero Pedrayo










                                                               

                                  Tumbas dos caídos anónimos

 Ourense: Cemiterio de S. Francisco





                                                  Panateón de Otero Pedrayo
                 

                                                     
                                                Praza do Corrixidor: estatua de Otero

     
               Salón de plenos do concello de Ourense
            

Catedral de Ourense: pórtico do Paraíso                     As Burgas 

Ver noticia da nosa visita á cidade de Ourense no xornal LA REGIÓN de Ourense do 10/04/2018

http://www.laregion.es/articulo/ourense/comeza-abril-oteriano/20180410185652784490.html