mércores, 16 de outubro de 2019

                                   UNHA HISTORIA DE ACOSO ESCOLAR

Na seguinte ligazón podedes ler e ver en imaxes un relato dunhas compañeiras do noso instituto que crearon este conto a raíz da lectura da novela O que sei do silencio de ANDREA MACEIRAS. Dito relato convida á reflexión do noso comportamento con respecto aos nosos/as compañeiros/as xa que, ás veces, facemos dano sen ser conscientes.
Defendamos a amizade e denunciemos este tipo de comportamento!


PRESENTACIÓN DE ACOSO ESCOLAR

domingo, 7 de abril de 2019

ENCONTRO LITERARIO CON CARLOS NEGRO

O martes, 2 de abril, o alumnado de 4º de ESO tivo un encontro literario co escritor CARLOS NEGRO que lle veu falar da súa obra poética, e máis concretamente da última publicada: Aplicación instantánea, que eles leron con anterioridade. Este resultou un encontro super interesante porque o alumnado preguntou e intercambiou impresións co autor sobre o libro, e disfrutaron da poesía dun xeito distinto. Serviu para que se achegasen máis á poesía e comprobasen que este xénero literario tamén é accesible e interesante para eles e que pode conectar e "enganchar" tanto coma calquera novela.










TALLER DE XORNALISMO EN 3º DA ESO

Os departamentos de Lingua Española e Lingua Galega organizaron un taller de xornalismo para achegarse a unha parte do currículo de 3º da ESO con profesionais da Escola de Xornalismo de Galicia que viñeron gratuitamente ás nosas aulas impartir esta actividade tan interesante e que fai reflexionar ao alumnado sobre o que ve e o que le nos medios de comunicación. Aprendeulles a contrastar informacións e non ser manipulados facilmente. Estas foron unhas aulas distintas nas que o alumnado participou activamente e interactuou moito co xornalista que llas impartiu contrastando opinións entre os grupos e reflexionando sobre os temas presentados. Proba disto son as seguintes imaxes:






RADIO "CUAC" F.M.

Un ano máis, un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO do noso IES preparou e gravou un programa de radio en directo dunha hora de duración na sección A fume de carozo que se emite todos os martes de 17 a 18 h. en radio Cuac F.M.. Este programa gravouse o martes, 12 de febreiro, e podédelo escoitar cando queirades entrando no programa dese día:




O DÍA DE ROSALÍA

Chegou o día e chegou a romaría... aló fomos...

Unha serie de alumnos e alumnas de todas as aulas foron recitando poemas de Rosalía de Castro polas clases acompañados do profesorado de Lingua Galega e Literatura para homenaxear a nosa insigne escritora polo aniversario do seu nacemento alá polo 24 de febreiro de 1837 e que supuxo a consecución do estátus do galego como lingua culta e literaria, de aí a nosa débeda eterna con ela. 









RECITADO DE 4º da ESO


RECITADO DE 3º 

luns, 11 de febreiro de 2019

ANXO FARIÑA NO NOSO CENTRO

O día 5 visitounos Anxo Fariña, creador e ilustrador da saga máis vendida até o momento: OS MEGATOXOS. Con Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa visitamos a época castrexa, a medieval...e na última entrega convertémonos en protagonistas da batalla de Rande.
Lemos tamén con moito interés  A chave da Atlántida, e tivemos algunhas lectoras que se atreveron con 4 Xinetes.
Foi magnificamente presentado por Alía e Mara, de 1º B; falounos do seu proceso creativo; contestou todas as preguntas e debuxou, debuxou...e deixounos un agasallo para o Centro. Moitas Grazas!



sábado, 19 de xaneiro de 2019

VISITA Á RAG E Á CASA-MUSEO E. PARDO BAZÁN

Este xoves, 17 de xaneiro, realizamos unha nova visita á RAG e á Casa-Museo E. Pardo Bazán co alumnado de 4º da ESO do noso IES. Esta actividade vímola desenvolvendo curso tras curso por ser de sumo interese tanto para o Depto. de Galego como para o Depto. de Castelán por adquirir interesantes coñecementos dunha parte do currículo de ambas as materias.
Da Academia informáronnos da súa historia, dos seus obxectivos, dos seus logros, das súas funcions, das súas seccións e dos traballos dos distintos seminarios.
De E. Pardo Bazán faláronnos da súa vida e da súa época, do avanzado do seu pensamento e da calidade literaria das súas obras, moitas delas relacionadas directamente coa nosa cidade, "Marineda". Tamén nos explicaron os movementos literarios que cultivou e o seu labor na prensa da época.









mércores, 9 de xaneiro de 2019

AldaoLado: Pronome átono

ENTREGA DE PREMIOS

Non podiamos rematar o ano sen entregar os Premios dos Concursos deste trimestre .
Comezamos parabenizando a Nour, Mara e Sandra , gañadoras do Concurso conmemorativo do 25 de novembro polas súas magníficas cartas. E rematamos coas artistas das Postais con slogan de Bons Desexos de cara ao Aninovo.