martes, 10 de marzo de 2020

ANDREA MACEIRAS: Conta nove estrelas

Alá por febreiro, no 2º trimestre, tivemos a sorte de que nos visitase unha autora tan lida e tan querida polo noso alumnado como é Andrea Maceiras, para falarnos do seu último -que non derradeiro- libro que publicou e que o noso alumnado de 2º da eso leu. Foi un encontro moi emotivo e moi interesante que serve para enganchar á rapazada á lectura.

Conta nove estrelas INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en ...

Gañador do Premio Lazarillo 2018, Conta nove estrelas está escrito por Andrea Maceiras e conta coas ilustracións de Paula Mayor. Fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus protagonistas engaiola o lectorado pola posibilidade de conquistar un mundo mellor. Mellor pola aceptación da diferenza, pola tolerancia como raíña das páxinas, e a superación como máxima dunha aprendizaxe nun mundo intergaláctico que non coñece a tolerancia porque a distopía deste mundo é a regularización máxima dos seus habitantes. Algo do que se debe fuxir e contra o que se debe loitar. Quizais exista a posibilidade de construír un futuro salvable ollando o firmamento. Porque este firmamento é unha alegoría da esencia do ser humano, un ser humano capaz de amar a harmonía, de respectar a natureza, de convivir coa diferenza. Un mundo, por tanto, que non coñecemos. 
Convídovos a coñecer a Galaxia Oma e quen a habita.












domingo, 1 de marzo de 2020

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

                                CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO NOSO IES


Un ano máis, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quere homenaxear á nosa insigne escritora cun recitado de poesía de diferentes grupos de alumnos/as e profesores/as que foron pasando por case que todas as aulas recitando poemas de Cantares galegos Follas novas en distintas linguas (galego, francés, inglés) como proba da universalidade da poesía da nosa autora. Ademais un grupo de alumnos/as de 4º tamén foron polas distintas aulas dramatizando o coñecido poema A xustiza pola man que tantas inxustizas denuncia. Como proba desta actividade podedes veraquí unha serie de videos e fotografías.







      
Dramatización de A xustiza pola man


                                          
Outra versión da dramatización de A xustiza pola man


Recitado en francés dunha profesora

                                       
Recitado en francés dun alumno

Recitado en inglés

Recitado en galego e inglés




Recitado en galego e francés



Recitado en galego, francés e inglés


Recitado de alumnos/as e de profesores

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2020

  
O venres, 21 de febreiro, celebramos o entroido con comparsas de case todas as aulas que os grupos foron preparando cos seus titores/as. Nas últimas horas da mañá acudimos todos ao pavillón para ver desfilar as comparsas do alumnado e do profesorado. Ademais organizáronse outra serie de actos previamente no Salón de actos e nas gradas exteriores dos campos de deportes. Ali asistimos a un miniconcerto do alumnado e ao final a unha "batalla de galos" con letras propias.
Como mostra destra celebración tradicional publicamos a serie de fotos seguinte: