Na seguinte ligazón podemos ver e escoitar o VÍDEO de A FALA de Manuel María cantado por Uxía e as Tanxugueiras, no que se fala da importancia do noso idioma.
https://youtu.be/_QA4hInVLaM
Gasta a lingua
venres, 22 de maio de 2020
USO DOS PRONOMES PERSOAIS DE C.I. INTERESE E SOLIDARIDADE
Aquí atópase unha explicación con exemplos do correcto uso en galego do pronome persoal de C. I. e dos pronomes de interese e solidaridade.
https://wp.me/p1U4sd-jk
https://wp.me/p1U4sd-jk
mércores, 22 de abril de 2020
martes, 10 de marzo de 2020
ANDREA MACEIRAS: Conta nove estrelas
Alá por febreiro, no 2º trimestre, tivemos a sorte de que nos visitase unha autora tan lida e tan querida polo noso alumnado como é Andrea Maceiras, para falarnos do seu último -que non derradeiro- libro que publicou e que o noso alumnado de 2º da eso leu. Foi un encontro moi emotivo e moi interesante que serve para enganchar á rapazada á lectura.
Gañador
do Premio Lazarillo 2018, Conta nove estrelas está escrito
por Andrea Maceiras e conta coas ilustracións de Paula Mayor.
Fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus
protagonistas engaiola o lectorado pola posibilidade de conquistar un mundo
mellor. Mellor pola aceptación da diferenza, pola tolerancia como raíña das
páxinas, e a superación como máxima dunha aprendizaxe nun mundo intergaláctico
que non coñece a tolerancia porque a distopía deste mundo é a regularización
máxima dos seus habitantes. Algo do que se debe fuxir e contra o que se debe
loitar. Quizais exista a posibilidade de construír un futuro salvable ollando o
firmamento. Porque este firmamento é unha alegoría da esencia do ser humano, un
ser humano capaz de amar a harmonía, de respectar a natureza, de convivir coa
diferenza. Un mundo, por tanto, que non coñecemos.
Convídovos
a coñecer a Galaxia Oma e quen a habita.
domingo, 1 de marzo de 2020
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO NOSO IES
Un ano máis, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quere homenaxear á nosa insigne escritora cun recitado de poesía de diferentes grupos de alumnos/as e profesores/as que foron pasando por case que todas as aulas recitando poemas de Cantares galegos e Follas novas en distintas linguas (galego, francés, inglés) como proba da universalidade da poesía da nosa autora. Ademais un grupo de alumnos/as de 4º tamén foron polas distintas aulas dramatizando o coñecido poema A xustiza pola man que tantas inxustizas denuncia. Como proba desta actividade podedes veraquí unha serie de videos e fotografías.
Dramatización de A xustiza pola man
Outra versión da dramatización de A xustiza pola man
Recitado en francés dunha profesora
Recitado en francés dun alumno
Recitado en inglés
Recitado en galego e inglés
Recitado en galego e francés
Recitado en galego, francés e inglés
Recitado de alumnos/as e de profesores
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2020
O venres, 21 de febreiro, celebramos o entroido con comparsas de case todas as aulas que os grupos foron preparando cos seus titores/as. Nas últimas horas da mañá acudimos todos ao pavillón para ver desfilar as comparsas do alumnado e do profesorado. Ademais organizáronse outra serie de actos previamente no Salón de actos e nas gradas exteriores dos campos de deportes. Ali asistimos a un miniconcerto do alumnado e ao final a unha "batalla de galos" con letras propias.
Como mostra destra celebración tradicional publicamos a serie de fotos seguinte:
sábado, 23 de novembro de 2019
ENCONTRO LITERARIO CON ÉRICA ESMORÍS: 1º da ESO
Encontro literario con Érica Esmorís
O pasado 12 de novembro, pola tarde, o noso alumnado de 1º da ESO tivo a sorte de poder partillar no Salón de Actos coa autora do libro que estiveron a ler este trimestre titulado Nena e o mar. A autora comentoulles os procedementos que utilizaba á hora de escribir un libro a través dunha presentación, e logo xa se centrou máis polo miúdo neste libro en cuestión. Explicoulles en que se inspirou para escoller o nome dos protagonistas, sobre todo de Nena, e como se desenvolvía a vida nese pobo de mariñeiros onde situou a novela.
Ao final da sesión o alumnado puido facerlle unha serie de preguntas á autora e acabou a sesión asinándolles os libros que eles leran.
Díxolles: "Da
miña infancia destaco a miña tenacidade, que non teimosía, por
converterme “de maior” en veterinaria e escritora e a miña
admiración pola indomable Pippi Langstrumpf. O primeiro conseguino
—son veterinaria e tamén, autora—, e o segundo levoume ata a
illa de Gotland, en Suecia, á mesma casa de Pippi.
Escribo
dende moi pequena. Na casa dos meus pais hai caixas enteiras cheas de
contos e xornais caseiros froitos do delirio infantil que
sobreviviron ao deseño minimalista da miña nai: historias
orixinais, adaptacións e noticias familiares acompañadas sempre de
ilustracións, ao principio escritas a man, despois coa máquina de
escribir que o meu pai prexubilou tras a compra do seu primeiro
Spectrum".
Nena e o mar
Porto
Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus habitantes
perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a
saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de
nai, ao coidado dos habitantes…
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)