Para cumprir con ese obxectivo visitamos o Mosteiro de Oseira, O pazo de Trasalba e a cidade de Ourense, escenarios que dun xeito ou doutro influiron na súa obra e na súa vida. Alí contamos con guías que nos foron amosando ditos lugares e explicando como influíron estes nas súas obras. De feito, en Trasalba, puidemos ver o mapa de Domingo Fontán ao que se fai alusión na súa novela Arredor de si, ou ben a fachada barroca da capela dun dos pazos que aparece noutra das súas obras como é Os camiños da vida.
Amosando publicacións coa etiqueta Equipo de normalización e dinamización da lingua b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Equipo de normalización e dinamización da lingua b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 10 de novembro de 2018
ROTEIRO OTERIANO 2018-2019
Un ano máis o Depto. de Galego e os depto. de Xeografía e Historia e de Normalización da Lingua Galega do IES R. Otero Pedrayo realizaron o Roteiro oteriano para afondar máis na figura e na obra do Patriarca das Letras Galegas, Ramón Otero Pedrayo.
Para cumprir con ese obxectivo visitamos o Mosteiro de Oseira, O pazo de Trasalba e a cidade de Ourense, escenarios que dun xeito ou doutro influiron na súa obra e na súa vida. Alí contamos con guías que nos foron amosando ditos lugares e explicando como influíron estes nas súas obras. De feito, en Trasalba, puidemos ver o mapa de Domingo Fontán ao que se fai alusión na súa novela Arredor de si, ou ben a fachada barroca da capela dun dos pazos que aparece noutra das súas obras como é Os camiños da vida.
Para cumprir con ese obxectivo visitamos o Mosteiro de Oseira, O pazo de Trasalba e a cidade de Ourense, escenarios que dun xeito ou doutro influiron na súa obra e na súa vida. Alí contamos con guías que nos foron amosando ditos lugares e explicando como influíron estes nas súas obras. De feito, en Trasalba, puidemos ver o mapa de Domingo Fontán ao que se fai alusión na súa novela Arredor de si, ou ben a fachada barroca da capela dun dos pazos que aparece noutra das súas obras como é Os camiños da vida.
xoves, 1 de xuño de 2017
En galego sen cancelas
Este era o lema proposto para o Correlingua deste ano. Decidimos facer unha mesa redonda con alumnado e familias. Somos un centro urbano e, polo tanto, somos diversos.
A conclusión á que chegamos é que a moito do noso alumnado soamente lle falta DAR O PASO, atreverse a falar galego con calquera.
Grazas a todos e todas as participantes
Chámome Alicia
Non me gusta contar o que pasou, pero teño que sincerarme comigo mesma. Espero que todo aquel que lea esta carta me entenda e non deixe que lle pase a máis mulleres. Se sabes dalgún caso e non sabes que facer, chama ao 016.
Vou contar o meu caso para dar esperanza ás mulleres de que se pode saír desta.
Sufrí maltrato físico e psíquico. Ao principio era todo case perfecto. Queríao tanto que pensaba que xamais me faría dano, pero enganeime.
Hoxe decateime, por iso escribín esta carta. Non quero que me atopen, quero ser libre como xamais o fun, quero sentir que podo voar, que hai un mundo mellor para min; despois de todo este sufrimento e que no
n vale a pena chorar por alguén que non te ama de verdade; o único que fai é que non deixa desfrutar, nin quedar coas túas amigas...
Neste intre non sei o que me deparará o futuro, o único que sei é que non quero volver a pasar por iso, non quero mirar atrás. O meu presente non seguirá sendo o meu pasado. Por fin son libre das súas cadeas. Collín as maletas e marchei para non volver.
Con todas as miñas forzas e todas as miñas ganas, conseguín saír e dei un portazo.
Descubrín que son a única que pode decidir en min mesma, a dona da miña vida.
Grazas a esas cancións que me daban forzas pola mañá, para que pola noite puidese aguantar todo o que me viña enriba.
Sentín o peso do mundo sobre os meus ombros e o único que fixen para fuxir foi pechar os ollos e imaxinar que nada nin ninguén é imposible de vencer.
Algún día entenderei por que sucedeu todo isto, para que, que sentido ten. Porque somos todo e á vez, non somos nada. Eu era o seu mundo pero case me mata. Como pode ser que me queira tanto e á vez queira facerme dano? Por iso, as mulleres somos un tesouro. Non nos merecemos este castigo. Sen mulleres, non hai vida.
Deséxolles cariño, forza de vontade a todas as mulleres do mundo que teñen medo. Non deixedes que vos coman a cabeza, todas merecemos ter unha boa vida.
Non chores xamais pola amargura dun querer, pois ningún home merece as mágoas dunha muller. Morrer en vida é mirarte e descubrir que a miña vida non vale nada para ti, que mala sorte quererte se só queres matarme.
Non pido moito, pero só quero xustiza, eu tiven sorte per na maioría dos casos non é así. Xamais te fas unha idea disto ata que che toca, loita por unha vida mellor, loita para non cometer outro erro, porque non ías quedar sentada sen facer nada!
Abre a porta e marca coa túa dignidade, abre os ollos que é a túa oportunidade; sé xusta contigo mesma, sabes que hai outra vida despois desta.
Relato de Fátima García de la Calle, 2ºB

xoves, 18 de maio de 2017
Hoxe en galego
Un ano máis, no Otero celebramos unha proba á que só sobrevivirán os máis valentes e as máis avezadas. Sobreviviremos falando galego durante 24 horas? O alumnado de 1º teno claro, elas queren ser Ladygal.
Vós tamén seredes parte desta nova experiencia.
Vós tamén seredes parte desta nova experiencia.
DEZ PASOS PARA COMEZAR A FALAR GALEGO:
Se tes como lingua familiar o español, interésate pola nosa lingua. Axuda a loitar contra as inxustizas cometidas contra o galego.
Ás veces non é doado pasar a falar galego con persoas e en ambientes nos que sempre falaches español. Podes comezar a usar o galego con persoas que coñezas a partir de agora ou en situacións novas, para logo ir introducíndoo na túa esfera habitual. Pode que até logres que persoas castelán-falantes do teu entorno muden a lingua coa que sen dirixen a ti!
Non te avergoñes dos defectos da pronuncia ou a escrita nin deixes de falar a lingua por medo a ter erros. Falando e escribindo en galego é a forma de ir mellorándoo. É importante respectar e coñecer as variedades dialectais da nosa lingua. Esta é a riqueza do galego.
Anímate a coñecer música e cinema na nosa lingua.
Comeza a tomar apuntamentos en galego, whatsappear e escribir correos electrónicos, a facer os exames en galego…
Muda as túas redes sociais ao galego. Reclama que haxa posibilidade de escoller o galego nas aplicacións que utilizas.
Fala galego cada vez con máis xente. Verás que te entenden.
Aínda que che respondan en castelán, insiste en exercer o teu dereito a falar galego. Esixe que te respecten.
Implícate na normalización da nosa lingua en todos os eidos. Fai que o galego entre nas aulas, nas tendas, no teu centro de traballo…
Galeguiza o teu nome e apelidos. Moitos apelidos foron deturpados pola Igrexa e anos de españolización. Otero, Villanueva, Villarino ou Rajoy son atentados lingüísticos que herdamos. Fagamos xustiza, mudémolos.
venres, 12 de maio de 2017
Coristranca, a lectura con retranca
Coristranca
No blog do club de lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel colgaron un feixe de fotos do día do Intercambio 2017.
Xa estamos contando os días para o seguinte. Moitas grazas por esta agarimosa lembranza!
No blog do club de lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel colgaron un feixe de fotos do día do Intercambio 2017.
Xa estamos contando os días para o seguinte. Moitas grazas por esta agarimosa lembranza!
xoves, 11 de maio de 2017
Ti non es da volta?
Seguindo a estela doutros vídeos realizados na Costa da Morte e en Ribadeo, chega Seis pasos para falar malpicán. Seguro que vos ha gustar.
sábado, 6 de maio de 2017
Panteón de Galegos Ilustres |
ROTEIRO ROSALIANO: 3º da ESO
O Depto. de Lingua Galega, CC.SS. e o EDLG realizaron este roteiro o martes, 2 de maio, co alumando de 3º, pola cidade de Santiago, Bastavales e Padrón, para visitar algúns dos lugares máis significativos nos que viviu e se se inspirou Rosalía de Castro para escribir a súa obra literaria. Con isto pretendemos que o alumndo comprenda máis facilmente a obra da autora e tome conciencia da súa importancia.Comezamos a visita en Santiago no Museo do Pobo Galego e no Panteón de Galegos Ilustres, onde está enterrada actualmente a autora, para pasar polo antigo Liceo da Xuventude, pola catedral, Alameda (IES Rosalía de Castro, antiga Sociedade Económica dos amigos do País onde ela estudou) e Praza de Vigo, (lugar de nacemento de Rosalía) onde se atopan distintos monumentos no seu honor. De aquí desprazámonos a Bastavales onde xantamos e recitamos "Campana de Bastavales..." para dirixirnos despois a Padrón, primeiro á Casa-Museo, e logo ao pazo de Arretén e ao Espolón, onde hai tamén outro monumento adicado á autora. E xa desde alí regresamos ás nosas casas da Coruña despois de pasar unha xornada intensiva mais marabillosa e inesquecible.
Museo do Pobo Galego |
Panteón de Galegos Ilustres |
Alameda de Santiago |
Praza de Vigo |
Bastavales |
Casa Museo de Rosalía- Padrón |
CHARLA CO ESCRITOR PEDRO FEIJOO: A MEMORIA DA CHOIVA
O 27 de abril visitounos o autor da novela A memoria da choiva, Pedro Feijoo, para falarlle ao alumnado de 4º da ESO sobre o proceso creativo literario e para darlle claves para unha boa interpretación desta marabillosa novela que relaciona a intriga e o misterio co mundo ficcional de Rosalía de Castro polas terras de Santiago, Padrón e A Coruña. Como podedes comprobar, o alumnado estivo totalmente volcado nas palabras do autor e manifestou a súa satisfacción por estes encontros que vimos realizando con distintos autores.

Taller de Xornalismo
TALLER DE XORNALISMO, 24/04/2017
Este día realizouse un taller de xornalismo para o alumnado de 3º da ESO organizado polo Depto. de Galego e polo ENDL, para o cal contamos cunha xornalista, Lucía Álvarez, da Escola de Xornalismo de Santiago. Este taller desenvolveuse durante 2 horas para cada 3º cun grande interese e participación do alumnado.

luns, 6 de febreiro de 2017
venres, 23 de setembro de 2016
Volven os clubs de lectura
Xa vos podedes anotar no club de lectura do centro. As reunións serán na biblioteca os seguintes días:
1º ESO: martes 27 de setembro
2º ESO: martes 27 de setembro
3º e 4º ESO: xoves 29 de setembro
Como xa sabedes, facemos o intercambio lingüístico co CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Este é o blog do seu club de lectura:
mércores, 22 de xuño de 2016
Suxerencias de lectura para toda a familia
Imos ler no verán O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade
Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto.
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
Amor é unha palabra coma outra calquera... ou non. Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.
Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Equipo de normalización e dinamización lingüística Equipo da Biblioteca IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña
mércores, 8 de xuño de 2016
xoves, 2 de xuño de 2016
E xa pasou o intercambio
Despois de tantas cartas, tantos libros, tanta expectativa, chegou o día do Intercambio 2016.
Nesta ocasión, o alumnado de Coristanco visitounos na Coruña. O IES Ramón Otero Pedrayo fixo de anfitrión e guía por distintos lugares da cidade.
Desfrutamos dun día diferente con algo de todo e sobre todo, con sol.
Ata o ano que vén!!!
xoves, 26 de maio de 2016
PREMIO LITERARIO CARLOS CASARES - ALBA POSE, 4º
PREMIO LITERARIO PARA UNHA ALUMNA DO NOSO CENTRO
Varias alumnas do noso IES participaron no CONCURSO LITERARIO (en galego) CARLOS CASARES (2016) que convoca anualmente a agrupación cultural "O Facho" da Coruña para o alumnado de toda Galicia. Unha das nosas alumnas (ALBA POSE, 4º A) foi galardonada co segundo premio na categoría B que acolle o alumnado de 14 a 16 anos cun conto titulado Cifras, conto que podedes ler nesta páxina. Parabéns para Alba e para as demais participantes.
Nota informativa:
O dia 27 de maio, ás sete da tarde, teremos o acto de entrega dos premios literaios 2016; será no local da asociación Amigos dos Museos "Portas Artabras", que está na rúa Sinagoga da Cidade Vella da Coruña, xusto detrás da Colexiata de Sta. María.
Contamos coa presenza de todas as gañadoras e acompañantes, tamén estarán membros dos xurados e algúns escritores ,músicos e amigos da agrupación cultural O FACHO. Desexamos compartir un bo momento.

Rotura do primeiro premolar
dereito no mesmo instante no que o puño esquerdo impacta na miña mandíbula. Aos
tres segundos noto o familiar sabor metálico de cando vou ao dentista. Sangue e
empaste. Intento abrir o ollo dereito, pero no momento no que as miñas
pálpebras deixan entrar a luz solar, a miña pupila contráese rapidamente provocándome
un auto reflexo de pechar outra vez o ollo.
Paspán. Parvo. Atrasado. Unha e
outra vez. Parece que non teñen máis ideas que esas tres palabras gravadas a
lume no seu lóbulo temporal.
Unha patada fai rebentar unha
das miñas costelas do lado esquerdo. Máis sangue segue acudindo á miña boca.
Foi aí cando comezaron os
ruídos. Mesturábanse cas risas e os berros. Repetíanme ordes e a mesma palabra.
Intenteina borrar.
O máis alto di ímos. Volven
dicir as mesmas tres palabras de antes nun berro unánime como unha sentencia,
despois vanse.
Levántome amodo intentando
respirar e fago o de sempre, o que me pide o cerebro. Cóllome os xeonllos e
meto a cabeza entre as pernas. É a única forma que teño de sentirme tranquilo e
só. Seis minutos despois a campá soa durante sete segundos. Ergo a cabeza e
vexo que todo o mundo fai o mesmo : dirixirse hacia unha porta aberta.
Aos poucos minutos xa non hai
ninguén alí. Levántome do chan. A dor vai en aumento mais prefiro saír antes de
que ninguén veña dicirme se preciso axuda ou se quero chamar á casa. É inútil
sempre lles digo. Ninguén vai contestar.
Chego a casa ás 12:31 minutos.
Os nove pasos e medio que me separan do sofá recórroos en menos de tres
segundos. Séntome diante da pantalla apagada do televisor e intento acougar
como me di o médico. Respiro fondo tres veces. Son insuficientes, volvo a
repetir. O médico dime que non me podo estresar, que non debo deixar que as
voces se metan na miña cabeza e por suposto baixo ningunha circunstancia facer
o que me din. Depende da situación na que me encontre as ordes da miña cabeza
son diferentes, hai veces nas que mesmo colisionan varias ideas. As máis repetitivas
son ou berrar moi alto ou quedarme en completo silencio. Tamén está a parte na
que me golpeo a cabeza para intentar paralas xa, arrepiado polo volume das
voces. Como as respiracións non me chegan a calmar totalmente intento contar.
Saber o número das cousas me relaxa, é como se o tivese todo controlado.
Hai trinta e sete troncos de
madeira ao lado da cheminea, vinteseis revistas de motos e trece de deportes
(ordénoas por orde alfabético segundo o
titular da capa), dezasete rotuladores encima da mesa (sete deles son cores
cálidas, os outros dez son frías), tres xarróns de flores e catro figuras de
animais.
Non. Volvo a contalas. Tería
que haber cinco. Normalmente hai cinco. Alguén cambiou de sitio a figura en
forma de moucho. O moucho de Lidia. O moucho de mamá. A falta de osíxeno
vólveme a facer tremer. Procuro respirar fondo. Non sirve de nada. Levántome e
intento andar ao longo do salón. Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete,
oito. Un, dous, tres catro, cinco, seis, sete, oito. Oito pasos non abondan.
Séntome no chan e a voces comezan outra vez . Métome a cabeza entre os
xeonllos. Non paran. Golpéome a cabeza, varias veces. Fanse máis fortes. Empezo
a berrar. De súpeto, meu pai entra pola porta. Son as 2:46. Chega tres minutos
antes do habitual. Axeónllase xunto a min e séntame no sofá. Fálame, véselle
preocupado pero non estou seguro. Nunca estou seguro do que pensa a xente ou de
cómo se senten. O médico di que é normal. Eu sempre que vou ao médico sinto de
todo menos normalidade. Tamén di que é normal que non me poida imaxinar
algunhas cousas; como cando a profesora di que nos figuremos que ela é un home
de corenta anos. O que é bastante improbable. E que Mónica é a súa filla que
ten como idade a metade máis un terzo da idade do pai. Eu pregúntome se a
ninguén máis lle parece raro que de repente Mónica sexa a filla da profesora,
que é un home, e que teña vinte con tres anos período cando en realidade ten
catorce.
O meu pai segue berrándome
cousas. Leo os seus beizos porque as voces están vociferando tanto que son
incapaz de oílo. Dime que respire.
Intento que o aire chegue aos meus alvéolos pero debe de quedar conxelado na
miña gorxa porque non son capaz de encher os pulmóns. En canto me empezo a
pegar na cabeza, el suxéitame polas monecas para que non me faga dano.
O moucho de Lidia. O moucho de
mamá. Non está. Inténtollo dicir. Non me escoita. Nunca me escoita. Aquel día
tiña a gravata mal feita. Puxérase calcetíns de diferente par e faltáballe un
botón da chaqueta. Cada vez que me axitaba para que lle respondese formábanse
pequenas engurras no seu traxe. Na parte dos seus ombros. Todo este reconto de
que pequenos detalles cálmame. Podo volver a utilizar o meu sistema
respiratorio. El sóltame pouco a pouco. Mirándome fixamente aos ollos, sabendo
que eu non lle vou devolver a ollada. Non me gusta mirar aos ollos. Síntome
atrapado. Cálmome totalmente despois de respirar fondo. Tres veces. O meu pai
érguese e vai ata a cociña. Entre o sofá e a cociña hai catorce pasos. Eu tardo
en percorrelos sete segundos, pero el faino en cinco segundos. Gústame o son
que teñen os seus pasos. É tranquilizante, son seguros e firmes. Escoito como
abre o frigorífico. Collerá unha cervexa do terceiro estante. Avanzará dous
pasos a dereita para coller o abrebotellas. Descorcharaa. Tirará o tapón no
lixo e subirá (empezando co pé dereito) as escaleiras ata a súa habitación que
está ao final do corredor cos seus dezaseis pasos de sempre. Pero esta vez non
escoito o tintineo que fai o tapón da botella contra o plástico da papeleira.
Cando o meu pai se encerra na
súa habitación levántome correndo volvendo a non poder respirar, sabendo que a
única forma que me relaxe é tirando o tapón ao lixo.
Cando entro na cociña vexo o
tapón na encimeira. Respiro fondo tres veces. Colloo e diríxome á papeleira.
Cando a abro e o tiro no oio o tintineo do tapón contra o plástico da
papeleira. Miro ao lixo. E vexo o moucho de Lidia feito cachos co tapón da
cervexa no medio do entullo. O moucho de Lidia. O moucho de mamá.
E as voces volven a berrar.
ALBA POSE, 4º A do IES R. Otero Pedrayo
domingo, 8 de maio de 2016
Correlingua
O día 3 de maio a alumnado dos centros educativos da Coruña e comarcas asistiron ao CORRELINGUA 2016, unha actividade de reivindicación e defensa dos dereitos e usos da lingua galega. Cada centro participou con animacións moi diversas partindo do verso dun poema de Manuel María e lema deste ano "O GALEGO ESTÁ EN NÓS". O noso centro participou co alumnado de 2º e 4º da ESO con pancartas e lemas escritos en globos, ademais de ter participado previamente no concurso do MANIFESTO. De todo isto velaquí unhas imaxes de mostra.
luns, 25 de abril de 2016
Roteiro rosaliano: lugares de visita
VIAXE AO MUNDO DE
ROSALÍA DE CASTRO
INTRODUCIÓN:
Esta ruta vainos amosar algúns camiños e lugares que Rosalía percorreu na súa vida, lugares nos que meditou, se inspirou e acabou
inmortalizando na súa obra
facéndoos trascender dentro e fóra das nosas fronteiras, nunha
época na que Galicia e a
nosa lingua eran infravaloradas cando non desprezadas.
OBXECTIVOS:
Coñecemento
da autora e do seu propio mundo para familiarízármonos con el,
comprendérmonos
mellor a súa obra
e valorala como se merece tanto dende o punto de vista lingüístico coma literario.
LUGARES DE VISITA E ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
1º SANTIAGO: Panteón de Galegos Ilustres2º Catedral e Hostal dos Reis Católicos (antigo Hospital Real e lugar de bautismo de Rosalía)
3º Porta Faxeira, IES Rosalía de Castro, monumento da Ferradura na Alameda, ...
4º Praza de Vigo (lugar de nacemento de Rosalía)
5º Igrexa de BASTAVALES
6º PADRÓN: Fundación camilo José Cela, Casa-Museo Rosalía de Castro, Estatua do Espolón adicada a Rosalía, ...
Interior da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón |
do martes 26 de abril. Nelas aparece o alumnado de 3º da ESO recitando a Rosalía, cubrindo o cuestionario sobre os lugares rosalianos visitados ou escoitando ás guías ou aos seus profesores. Desde aquí os parabéns ao alumnado polo seu comportamento.
CLAUSTRO DO MUSEO DO POBO GALEGO |
MONUMENTO A ROSALÍA NA ALAMEDA |
FRONTE DA IGREXA DE BASTAVALES |
FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA-PADRÓN |
CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO - PADRÓN |
CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO |
CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO |
CASA MUSEO ROSALÍA CASTRO |
HORTA DA CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO |
CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO |
MONUMENTO A ROSALÍA NO ESPOLÓN DE PADRÓN |
RECITADO DIANTE DO MONUMENTO DO ESPOLÓN EN PADRÓN |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)