domingo, 8 de maio de 2016

Correlingua

O día 3 de maio a alumnado dos centros educativos da Coruña e comarcas asistiron ao CORRELINGUA 2016, unha actividade de reivindicación e defensa dos dereitos e usos da lingua galega. Cada centro participou con animacións moi diversas partindo do verso dun poema de Manuel María e lema deste ano "O GALEGO ESTÁ EN NÓS". O noso centro participou co alumnado de 2º e 4º da ESO con pancartas e lemas escritos en globos, ademais de ter participado previamente no concurso do MANIFESTO. De todo isto velaquí unhas  imaxes de mostra.









Ningún comentario:

Publicar un comentario