luns, 25 de abril de 2016

Roteiro rosaliano: lugares de visita



VIAXE AO MUNDO DE ROSALÍA DE CASTRO

INTRODUCIÓN:
Esta ruta vainos amosar algúns camiños e lugares que Rosalía percorreu na súa vida, lugares nos que meditou, se inspirou e acabou inmortalizando na súa obra facéndoos trascender dentro e fóra das nosas fronteiras, nunha época na que Galicia e a nosa lingua eran infravaloradas cando non desprezadas.
OBXECTIVOS:
Coñecemento da autora e do seu propio mundo para familiarízármonos con el, comprendérmonos
 mellor a súa obra e valorala como se merece tanto dende o punto de vista lingüístico coma literario.
LUGARES DE VISITA E ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
1º SANTIAGO: Panteón de Galegos Ilustres
2º Catedral e Hostal dos Reis Católicos (antigo Hospital Real e lugar de bautismo de Rosalía)
3º Porta Faxeira, IES Rosalía de Castro, monumento da Ferradura na Alameda, ...
4º Praza de Vigo (lugar de nacemento de Rosalía)
5º Igrexa de BASTAVALES
6º PADRÓN: Fundación camilo José Cela, Casa-Museo Rosalía de Castro, Estatua do Espolón adicada a Rosalía, ...
                


Interior da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón
               

Velaquí unhas imaxes das nosas actividades realizadas durante o  ROTEIRO ROSALIANO
do martes 26 de abril. Nelas aparece o alumnado de 3º da ESO recitando a Rosalía, cubrindo o cuestionario sobre os lugares rosalianos visitados ou escoitando ás guías ou aos seus profesores. Desde aquí os parabéns ao alumnado polo seu comportamento.

CLAUSTRO DO MUSEO DO POBO GALEGO
MONUMENTO A ROSALÍA NA ALAMEDA
FRONTE DA IGREXA DE BASTAVALES

FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA-PADRÓN

CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO - PADRÓN

CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

CASA MUSEO ROSALÍA CASTRO

HORTA DA CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO
MONUMENTO A ROSALÍA NO ESPOLÓN DE PADRÓN

RECITADO DIANTE DO MONUMENTO DO ESPOLÓN EN PADRÓN






Ningún comentario:

Publicar un comentario