luns, 18 de abril de 2016

Asistencia ao teatro





TEATRO PARA A ESO E BAC NA CORUÑA

BICOS CON LINGUA  e  PELOS NA LINGUA

O luns 11 e 18 de abril levamos o noso alumnado de 3º e  da ESO respectivamente ao teatro Colón ver a representación teatral de Bicos con lingua (3º) e Pelos na lingua (4º) posta en escena pola compañía teatral Talía Teatro. Estas obras entran dentro das actividades que organiza o Depto. de Lingua Galega en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do noso IES.
Con estas obras o alumnado aprende a disfrutar do teatro como actividade lúdica mais tamén a entender a problemática pola que atravesa a nosa lingua, reflexionar sobre a importancia do seu uso e, ademais, está preparando a parte de sociolingüística que entra dentro do currículo escolar da materia de Lingua Galega. Todo isto presentado dun xeito ameno e cómico que enganchou a todo o público, mesmo a aqueles que nun principio eran máis remisos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario