mércores, 22 de febreiro de 2017

martes, 21 de febreiro de 2017

xoves, 16 de febreiro de 2017

Escarlatina cociña co noso alumnado 

O alumnado de 1oD está a ler Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Como traballo, teñen que cociñar unha das receitas, facer unha presentación e explicar en clase como cociñaron ese prato. Nas fotos podedes ver a Dani e a Raúl, que ademais trouxeron a proba da Brownie e as magdalenas cociñadas, respectivamente. Grazas aos colaboradores familiares!

martes, 14 de febreiro de 2017

Deixa que Rosalía entre na túa vida

 

Cada clase de 1º ESO do IES Ramón Otero Pedrayo fixo a súa interpretación da poesía de Rosalía. Unha das clases, escolleu versos recoñecibles da súa poesía, segundo os seus propios gustos.

Pasamos dúas semanas recitando Rosalía e escollendo poemas. Este ano gustou moito, aínda que non apareza no vídeo, Agora cabelos negros.

Pero o gañador absoluto foi Adiós ríos, adiós fontes. Moito do noso alumnado xa o coñecía e lembrábao enteiro, recitado e cantado.

Grazas á AELG pola idea do Mannequin. 

venres, 10 de febreiro de 2017

É tempo de Entroido

#RosalíaTe

#RosalíaTe

A proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega deste ano é a realización dun Mannequin Challenge arredor da figura de Rosalía.


Moi pronto, poderedes ver o noso.