O martes, día 4 de abril, medio centenar de alumnos/as do noso IES iremos coñecer os nosos amigos de Coristanco con quen vimos mantendo unha relación a través de cartas manuscritas e das redes sociais. Visitaremos non só o CPI de Coristanco senón tamén lugares de interese cultural daquela bisbarra como Ponteceso -onde faremos unha ofrenda floral a E. Pondal- e alí vistaremos tamén o MELGA (Museo etnográfico e lúdico de Galicia) e remataremos na praia de Valarés para confraternizar todos xuntos con actividades de xogos populares galegos entre os dous centros. Esperamos que sexa unha experiencia inolvidable para a rapazada e que rompa con certos prexuízos que lles impiden expresarse en galego acotío como o fan os de Coristanco.
Xa vos contaremos como se desenvolveu esta xoranda.