luns, 11 de novembro de 2019

ROTEIRO OTERIANO 2019- 4º DA ESO

Un ano máis o Depto. de Galego e os depto. de Xeografía e Historia e de Normalización da Lingua Galega do IES R. Otero Pedrayo realizaron o Roteiro oteriano para afondar máis na figura e na obra do Patriarca das Letras Galegas, Ramón Otero Pedrayo.
Para cumprir con ese obxectivo visitamos o Mosteiro de Oseira, O pazo de Trasalba e a cidade de Ourense, escenarios que dun xeito ou doutro influiron na súa obra e na súa vida. Alí contamos con guías que nos foron amosando ditos lugares e explicando como influíron estes nas súas obras. De feito, en Trasalba, puidemos ver o mapa de Domingo Fontán ao que se fai alusión na súa novela Arredor de si,  ou ben a fachada barroca da capela dun dos pazos que aparece noutra das súas obras como é Os camiños da vida. 
 E en Ourense visitamos o cemiterio de S. Francisco onde están enterrados varios escritores galegos e mais os fusilados descoñecidos da 2ª República como podedes ver nalgunhas das seguintes fotografías. Logo baixamos cara á catedral para ver onde naceu e viviu Blanco Amor, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Lamas Carbajal, etc, e posteriormente dirixímonos á Praza Maior e ás Burgas comentando a importancia de cada un destes lugares.




Mosteiro de Oseira- Ourense

Mosteiro de Oseira

Cruz da nave central do mosteiro

Sala capitular ou sala das palmeiras


Escaleira de puntas de diamante

Pazo de Trasalba de Otero Pedrayo: Salón principal, mapa de Domingo Fontán


Fachada dunha capela barroca que aparece descrita na novela "Os camiños da vida" de Otero

Cruceiro da capela anterior en Trasalba

Cemiterio de San Francisco, Ourense

Monumento aos caídos pola República

Cemiterio de S. Francisco

As Burgas

As Burgas




mércores, 16 de outubro de 2019

                                   UNHA HISTORIA DE ACOSO ESCOLAR

Na seguinte ligazón podedes ler e ver en imaxes un relato dunhas compañeiras do noso instituto que crearon este conto a raíz da lectura da novela O que sei do silencio de ANDREA MACEIRAS. Dito relato convida á reflexión do noso comportamento con respecto aos nosos/as compañeiros/as xa que, ás veces, facemos dano sen ser conscientes.
Defendamos a amizade e denunciemos este tipo de comportamento!


PRESENTACIÓN DE ACOSO ESCOLAR

domingo, 7 de abril de 2019

ENCONTRO LITERARIO CON CARLOS NEGRO

O martes, 2 de abril, o alumnado de 4º de ESO tivo un encontro literario co escritor CARLOS NEGRO que lle veu falar da súa obra poética, e máis concretamente da última publicada: Aplicación instantánea, que eles leron con anterioridade. Este resultou un encontro super interesante porque o alumnado preguntou e intercambiou impresións co autor sobre o libro, e disfrutaron da poesía dun xeito distinto. Serviu para que se achegasen máis á poesía e comprobasen que este xénero literario tamén é accesible e interesante para eles e que pode conectar e "enganchar" tanto coma calquera novela.










TALLER DE XORNALISMO EN 3º DA ESO

Os departamentos de Lingua Española e Lingua Galega organizaron un taller de xornalismo para achegarse a unha parte do currículo de 3º da ESO con profesionais da Escola de Xornalismo de Galicia que viñeron gratuitamente ás nosas aulas impartir esta actividade tan interesante e que fai reflexionar ao alumnado sobre o que ve e o que le nos medios de comunicación. Aprendeulles a contrastar informacións e non ser manipulados facilmente. Estas foron unhas aulas distintas nas que o alumnado participou activamente e interactuou moito co xornalista que llas impartiu contrastando opinións entre os grupos e reflexionando sobre os temas presentados. Proba disto son as seguintes imaxes:






RADIO "CUAC" F.M.

Un ano máis, un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO do noso IES preparou e gravou un programa de radio en directo dunha hora de duración na sección A fume de carozo que se emite todos os martes de 17 a 18 h. en radio Cuac F.M.. Este programa gravouse o martes, 12 de febreiro, e podédelo escoitar cando queirades entrando no programa dese día: