CONCURSO
LITERARIO “CARLOS CASARES” CONVOCADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL O
FACHO
Recuperados
en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e
nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan
posíbel coa súa obra unha literatura
galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, faise a convocatoria para 2015 do Concurso
Literario Carlos Casares e en afectuosa homenaxe ao primeiro gañador do
Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa fermosa obra “A galiña azul”
que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura
Infantil e Xuvenil Galega contemporánea.
BASES
DO CONCURSO:
1.
Poderán
participar rapaces e rapazas que presenten as súas obras en lingua galega.
Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa
extensión.
2.
O prazo de
admisión de orixinais finaliza o día 15 de abril de 2015 ás doce da noite.
3.
A presentación de
orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido á sede da
Asociación Cultural O FACHO. R/Federico Tapia,12-1º 15005 A Coruña. Podendo
facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4.
No caso en que
sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer
unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro
terá que ser presentado individualmente.
5.
As obras haberán
de ser relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso
ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame
literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan ser
cedidos á Agrupación Cultural O FACHO por período de tres anos contados a
partir do día do fallo do xurado.
6.
Para alén da
orixinalidade literaria, o xurado valorizará
a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras.
7.
Establécense dúas
categorías:
Categoría A
Nenos e nenas de 6 a
12 anos.
Categoría B
Rapaces e rapazas de 13
a 16 anos.
8.
As contías dos
premios serán as que seguen:
Categoría A 1º 200€ en efectivo e unha valiosa
escolma de obras literarias
2º 100€ en efectivo e unha
valiosa escolma de obras literarias
Categoría B 1º 100€ en efectivo e unha valiosa
escolma de obras literarias
2º 100€ en efectivo e unha
valiosa escolma de obras literarias
9.
Cada autor só
poderá presentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión:
Categoría
A Un máximo de cinco folios
Categoría
B Un máximo de dez folios
10.
As obras haberán
de se presentar por triplicado,
manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás
do último folio os seguintes datos:
Nome e apelidos do autor/a. Enderezo e teléfono. Correo electrónico .
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa.
11.Os premios serán escollidos por un
xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO en fallo que se fará público no mes de
maio.
12.O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos
premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se
presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na
súa interpretación.
A Coruña, xaneiro de 2015
Correo
electrónico: o_facho_1963@yahoo.com.br
Ningún comentario:
Publicar un comentario