Comezou explicando a súa vinculación coa música, a súa gran paixón. Durante todo o encontro desenvolveu esta relación amorosa.
"Os meus amigos son músicos"
A súa infancia
"Veño porque cando tiña a vosa idade, quería escribir e nunca ningún escritor veu á miña escola"
"Lía un libro ao día. O que lía, marcábame"
"Ler salvoume a vida"
Creatividade
"Dáme un xornal e saco dúas novelas"
"De 20 sementes, soamente medra unha"
"Cando fago ciencia ficción, son deus, creo vida"
"Viaxo moito para documentarme. Estou medio ano viaxando"
A vida: explicounos a súa experiencia vital e como a literatura influíu nos seus actos.
"A cultura é beber a vida, absorbela"
"Os que nunca leron un libro, non saben de que falar"
"Estamos vivos porque compartimos cousas"
"Ler é aceite para o cerebro humano"
"Lendo e nunha relación sexual estás ti e o outro protagonista. Soamente ti sabes o que sentes"
"Espero vivir 100 anos e seguir escribindo"
"A arte non se fai polo que che pagan senón polo que ti sentes cando creas"
"A miña intención non é dar consellos senón facer unha novela"
Desnuda
Este foi o libro do club de lectura do segundo ciclo da ESO. Dedicámoslle un espazo especial. +
"Parco é un libro difícil, durísimo. Ninguén quería publicalo"
"Escribín Desnuda porque son feminista. Hai 30 anos que escribo "o ser humano" en lugar de "homes""
Desnuda
Este foi o libro do club de lectura do segundo ciclo da ESO. Dedicámoslle un espazo especial. +
"Parco é un libro difícil, durísimo. Ninguén quería publicalo"
"Escribín Desnuda porque son feminista. Hai 30 anos que escribo "o ser humano" en lugar de "homes""
"A violencia de xénero é unha humillación, a peor"
"O primeiro golpe ten que ser o último"
"O asasinato dunha rapaza de 14 anos fíxome reunir experiencias e "vomitar" este libro."
"O amor non é unha cadea, o amor son ás"
Reflexión final
"Paz, amor, respecto, honradez e esperanza, eses son os meus piares"
Ningún comentario:
Publicar un comentario