martes, 2 de febreiro de 2016

Máis fotos de Andrea Maceiras

Pablo Ocampo e Eva Fernández (2º B) foron dous dos nosos reporteiros no Encontro con Andrea Maceiras. 

Andrea Maceiras escribe desde nena, pero a experiencia de gañar un premio en 1º ESO, fíxoa recoñecer canto lle gustaba escribir. 

Andrea afirma que Europa Express nace da súa viaxe en interraíl ao rematar o bacharelato. Ten un caderno onde pega os billetes de tren, os tickets de compra e escribe sobre as experiencias que lle suxiren os lugares que visita. Identíficase con Aroa, aínda que a súa personaxe favorita é Mía "É moi divertida e paseiino moi ben escribíndoa". Como Xacobe, sempre leva unha libreta de notas. 

Gústalle escribir nas cafeterías. Busca un espazo cómodo e tranquilo. 

Citas importantes:


~"A imaxe é poderosa é capaz de desterrar a palabra."


~"Cada historia é especial por si mesma."


~"As ideas da nosa cabeza non sempre quedan tan ben cando as pasas o papel."


Moito nos gustaron os seus libros Europa Express e Nubes de evolución.
O comezo do encontro foi un relato sobre a orixe desta última novela. Puidemos visualizar o proceso grazas ás túas palabras.
Como vedes, gustáronlle moito os murais que se fixeron sobre ela, tanto que os fotografou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario