mércores, 30 de marzo de 2016

A Coruña de Pondal

O noso bardo viviu nesta cidade a comezos de século. Podedes buscar unha plaquiña que así o afirma na rúa Juana de Vega.


 Felipe Senén describe A Coruña daquela altura:


 -¿Cómo era a Coruña de Pondal? -Está moi ben recollida na literatura da época, sobre todo de Valle Inclán e Emilia Pardo Bazán. Era a decadencia dos pazos e o incremento da emigración a Bos Aires e a Cuba. A época dos indianos, cando crecen as cidades portuarias como A Coruña e Vigo. A primeira é innovadora e todo xira en torno ao Real Consulado do Mar do que salen as academias. Hai intelectualillos de tertulia de rebotica e de mesa camilla. Tamén é a época das grandes novedades na fotografía e o cine con empresarios como Lino Pérez. A Coruña era un ferver de grandes innovacións e todo tipo de xentes e en medio delas estaba un dandy como Pondal, un fidalgo vido a menos que mesturou os sentimentos de modernidade, tradición e identificación. A Coruña era, daquela, bastante exótica, na que destacaba Murguía.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/10/18/3124341.shtml

Ningún comentario:

Publicar un comentario