Vanesa Santiago gaña o Illa Nova de Narrativa con 'A vida sinxela de Marcelo Firmamento'
Vanesa Santiago é a gañadora da I edición do premio Illa Nova de narrativa para menores de 35 anos, convocado por Galaxia. 'A vida sinxela de Marcelo Firmamento' , a obra gañadora, é unha “reinterpretación das novelas de viaxes” cunha “comunión moi marcada co universo do mar e das lendas”.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
1º CAPÍTULO da novela de 4º B, MARTA ARCE
-------------------------------------------------------------------------------------------------
1º CAPÍTULO da novela de 4º B, MARTA ARCE
Unha paisaxe de árbores verdes e frondosos abríase diante
de min. Pola ventá do coche podía observar algunha que outra casiña no medio daquel
campo mollado, xunto cuanha chea de cabalos e vacas que pastaban na frescura da
mañá. Era una imaxe moi distinta de onde eu viña, e preguntábame canto tempo levaríame
adaptarme ao clima de Galicia. Decidín deixar de mirar pola ventá xa que a velocidade
do coche e as incesantes curvas estaban comezando a marearme. A medida que
pasaban os minutos de traxecto íanse vendo algúns edificios, rúas con pequenos
mercados e incluso cafeterías entre as prazas e parques das pequenas zonas
urbanísticas. Algúns destes pequenos bloques estaban apenas a un par de minutos
de distancia pola estrada, o que me fixo pensar se todos eses edificios
formaban parte dun mesmo pobo ou se pertencían a sitios completamente distintos.
Inmerso nestes pensamentos provocados polo aburrimento de
todas as horas de viaxe case non me din conta de que estabamos parados. Detivémonos
nun terreo de pouco tamaño, cheo de arbustos cunhas olorosas flores amarelas e
un par de árbores altas e fortes. Xuraría que se trataba de dous vellos carballos,
pero a botánica nunca foi un dos meus pasatempos favoritos precisamente. Pero,
desde logo, o que máis chamaba a atención era a enome casa que se erguía na
fronte. Era a case toda dunha cor amarela pálida con certas partes brancas
decorando a fachada, que a xulgar polo seu aspecto impecable, fora pintada
recientemente. O tellado estaba conformado polas clásicas tellas vermellas
dunha casa antiga, mais tiña algo que facíaa máis moderna comparada coas outras
casas dos arredores, aínda que non sabería decir exactamente o que. Desabrochei
o cinto e estirei o pescozo, dolorido das contracturas causadas polos incómodos
asentos do automóvil. Pasei a man polo abundante e despeiteado pelo negro que
levaba aquel dia nunha pequeña cola e
abrín a porta do coche. Apenas puxen un pé na terra e xa notei un xélido vento
recorréndome as costas en forma de calafrío.
-Xa chegamos. Que vos parece?- exclamou o meu pai
orgulloso cos brazos na cadeira, coma se dun descubrimento se tratase.
-É incluso máis bonito in sito que nas fotos que
nos mandara Pili.- afirmou a miña nai.
A tía Pili foi a encargada de buscar a nosa nova casa. É
a irma do meu pai, e está a cargo dunha inmobiliaria bastante coñecida alá en
Madrid. Meu pai faláralle dos plans da mudanza, e grazas aos seus contactos conseguimos
esta casa bastante máis barata co seu prezo orixinal.
-A todo isto, a que hora chegaba?- preguntei.
-Pregúntalo pola tua irmá? Xa a botas de menos ou que?-
contestoume o meu pai mentras que a miña nai ría.
-Por min coma se queda polo camino…- murmurei entre dentes.
Carla, a miña irmá, viña con Pili en coche, máis que nada
porque é a persoa que máis caso lle facía. Malia levarlle cinco anos, sempre preferiu
comportarse coma se fose a maior. Por suposto nunca foi polo seu sentido da responsabilidade
senón máis ben polo seu egocentrismo e ganas de ser o centro de atención en público.
Non creo ter suficientes calificativos para describila, así que quedareime coa ¨arrogante, molesta e caprichosa da miña
irmá¨.
Alégrome de non tela tido que soportar nesta seis largas
horas de viaxe.
-Xa vai sendo hora de ir entrando. Vés, Nico?
--------------------------------------------------------------------------------------------------
1º CAPÍTULO da novela de 4º A, JULIÁN AMENEDO
O COMEZO
Ao principio dos tempos houbo un personaxe
chamado Neru, que vivía no Ceo, nas nubes, no seu palacio. El precisaba de algo
que facer, co que entreterse, polo que decidiu facer o Baleiro e a Terra, máis
pensou que aínda lle seguía a faltar algo, polo que tras moitos días creou os
gardiáns, que eran anxos de pelo longo, e para distinguilos creou a cada
un cunha cor de pelo diferente. Os dous primeiros, que eran máis poderosos ca o
resto, tiñan o pelo negro e branco, e o resto tiñan o pelo de cor vermella, laranxa,
amarela, verde, azul turquesa e violeta. A cada un bautizouno co nome da cor da
que tiña o pelo, posto que non daba discurrido nada orixinal e estaba canso,
moi canso.
Tras unha semana
durmindo, Neru espertou e seguía pensando que lle faltaba algo, así que roubou
os pensamentos dos gardiáns e creou con eles os 9 reinos e os seus habitantes.
Había algúns que tiñan uns poderes especiais, e eran coñecidos como fillos da
lúa.
No de Vermello a superficie era terra de
cor negra, con volcáns e ríos de lava, aínda que os volcáns tamén servían de
casa, e os seus habitantes eran humanos pero feitos de pedra dunha cor
grisácea, e máis anchos que os demais. Os fillos da lúa que vivían neste reino
tiñan o poder de crear lume e dominalo.
No de Laranxa había só había estradas e
beirarrúas e edificios iguais, cadrados, e no centro unha cúpula inmensa , na
que os robots, que eran os habitantes da cidade ían traballar. Ningún
destes tiña ningún poder especial, aínda que podían elevarse e voar entre
outras cousas.
No de Amarelo había un tremendo deserto, sen auga, sen
plantas...só deserto e palmeiras feitas de cristal duns 500m. de alto que
servían como casa ou oficina, posto que traballaban en informática, coma os
robots. Os seus habitantes eran humanos normais, pero envoltos en panos coma se
fosen momias, e os fillos da lúa deste reino podían cambiar de aspecto.
No de Verde florecían as plantas e había regatos de
auga, posto que era unha selva. As casas eran de madeira , e podían estar no
chan ou nas árbores. Estes vivían do que cultivaban ou recollían da natureza e
os fillos da lúa deste reino tiñan o poder de controlar a outros seres vivos.
O de Azul era o único reino que estaba no Gran Mar,
baixo a auga, con cidades rodeadas dunha cúpula de cristal. Vivían da pesca.
Eran humanos con escamas, e aínda que non o pareza , podían respirar fóra da
auga. Os fillos da lúa deste reino podían controlar a auga e camiñar sobre ela.
O de Turquesa estaba situado no Norte e no Sur do
planeta e conectábanse a través de minas que era no que traballaban os seus
habitantes. Estes eran simios co pelo branco e pel de cor beixe. Vivían en
iglús, e como os robots, tampouco tiña ningún deles ningún poder
especial, pero todos podían cambiar a súa temperatura corporal.
E o de Violeta estaba formado só por montañas que
superasen os 2500m de altura, nas que vivían os mineiros, eran humanos con
ollos completamente brancos, sen nariz avultado pero cos dous orificios nasais
e mans con seis dedos, posto que tiñan dous pulgares, un arriba e un abaixo.
Vivían da minería e tiñan unha rede de minas baixo terra que conectaba as
montañas. Os fillos da lúa deste reino podían controlar a terra e darlle forma.
No medio do Gran Mar atopábase a Illa Solitaria, que era
unha illa deshabitada mais no medio tiña dous pazos, que eran dúas caixas de
cor branca e de cor negra, con dúas portas da mesma cor cada un, por diante e
por detrás. A branca leva ao Ceo e a negra ao Baleiro.
No Ceo atopábase o reino de Branco, nas que as casas
eran coma o pazo para entrar no Ceo . Alí vivían Neru, os gardiáns e os magos e
as fadas. Estes dous últimos teñen o poder da telequinese e o control mental,
pero só noutras especies e só os usaban para facer o ben. Tamén se atopaban
todos os palacios dos gardiáns excepto o de un.
O de Negro atopábase no Baleiro, e se
negaba ir xunto os seus irmáns, aos que odiaba, porque se negaban á violencia,
algo que el adoraba. Por iso no seu reino no había ningunha norma, e os seus
habitantes eran pantasmas brancos se eran femininos e violetas se eran
masculinos. Tiñan o poder de de facerse invisibles , e roubar almas aos demais,
porque eles non tiñan . Os pantasmas non podían saír do Baleiro, e non podían
pegarlle a ninguén que viñese de fóra, pero si loitaban entre eles.
Os fillos da lúa eran diferentes
dependendo do reino no que nacesen. Eran seres que crearan con poderes
epeciais, e aínda que ao principio eran poucos e só tiñan uns poucos poderes,
co paso do tempo e coa axuda dos gardiáns conseguiron obter máis poderes como o
teletransporte e a curación, e ensináronllelos a outros, e así foron máis
e máis fortes, aínda que non todos eran capaces de aprender.
Pero chegounos a haber de tanto poder que
tiñan tanto ou máis cós gardiáns. Así foi que cando Verde lle dixo aos seus
suditos que comerciasen cos outros pobos, posto que o seu reino era o único que
nunca se dedicara ao comercio, os seus habitantes negáronse aínda que ao final
obrigounos. Pero entón alguén atacou ao gardián, era Nyoku, o autodenominado
mellor guerreiro do mundo. Verde saíu disparado e quedou no van malferido. Na
súa axuda veu Branco, que tivo unha batalla moi igualada con Nyoku.
Nun momento do combate Branco foi golpeado
por algo e Nyoku quedou paralizado. Fora Negro, que lle roubara a Nyoku a alma,
e despois disto encarcerouno nunha gaiola; pero cando Negro ía marchar, Branco
saíulle a cortar o paso, e Negro golpeouno e mandouno máis alá do horizonte, e
marchou a o Baleiro cun sorriso e co pensamento de que só Neru era máis forte
ca el.
Verde, despois disto, decidiu retirar as
súas ordes e foi na procura de Branco, que se atopaba nunha praia boca abaixo,
maldicindo ao seu irmán, e ao final xuroulle a guerra a Negro.
Nyoku tiña un fillo que se chamaba Kyo,
que non tiña nai, posto que esta morrera no parto. Este atopábase con Aris,
unha amiga do seu pai que o estaba a adestrar. No momento do rapto do seu pai
tiña cinco anos. Tras quince anos de adestramento comezou o camiño para ir
liberar ao seu pai, aínda que durante eses anos houbo unha guerra entre o Ceo e
o Baleiro na que ninguén saía vencedor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario