Este curso realizamos a visita o 10 de abril para facela coincidir co aniversario da morte (1976) do escritor e patriarca das Letras Galegas para agradecer así o convite que a Fundación R. Otero Pedrayo nos fixo por ser un centro que leva o nome do autor e, ademais, por vir facendo esta visita curso tras curso. Por iso este ano fomos recibidos en Trasalba, na casa de Otero, polo presidente de dita Fundación; e logo, pola tarde, o secretario da mesma fíxonos de guía por toda a cidade de Ourense.
A nosa visita comezou no mosteiro cisterciense de Oseira e de alí trasladámonos ata Trasalba para visitar a "Casa-Museo" de D. Ramón. Alí entramos en dúas quendas acompañados dunha guía que lle foi explicando ao alumnado certos aspectos biográficos e culturais de Otero Pedrayo.
Xantamos alí e a continuación dirixímosos a Ourense capital. Unha vez na cidade comezamos a visita polo cemiterio de S. Francisco onde están enterrados moitos escritores galegos: Lamas Carvajal, Florentino López Cuevillas, "Ben Cho Sei", Blanco Amor, José Angel Valente e, por suposto, Otero Pedrayo, a quen lle fixemos unha ofrenda floral na súa tumba. Logo baixamos pola praza do Corrixidor, onde hai unha estátua de D. Ramón, para visitar a catedral e quedar impresionados polo Pórtico do Paraíso, que aínda que é unha copia do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, na actualidade está totalmente restaurado e o seu resultado é espectacular. De aquí continuamos co noso roteiro literario pola cidade comentando aspectos do itenerario da Esmorga de Blanco Amor ou da obra literaria de Carlos Casares ata chegarmos á praza Maior, onde está o museo Arqueolóxico, a igrexa de Santa María a Maior e o concello, institución que tamén acabamos visitando.
De todas estas visitas tedes unha pequena mostra gráfica a continuación.
3º Claustro |
Mosteiro de Oseira: igrexa |
Sala capitular ou sala das palmeiras
TRASALBA: biblioteca da Fundación Otero Pedrayo
Salón do "pazo" de Trasalba,
Casa de R. Otero Pedrayo
Tumbas dos caídos anónimos
Ourense: Cemiterio de S. Francisco
Panateón de Otero Pedrayo
Praza do Corrixidor: estatua de Otero
Salón de plenos do concello de Ourense
Catedral de Ourense: pórtico do Paraíso As Burgas
Ver noticia da nosa visita á cidade de Ourense no xornal LA REGIÓN de Ourense do 10/04/2018
http://www.laregion.es/articulo/ourense/comeza-abril-oteriano/20180410185652784490.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario