Coristranca
No blog do club de lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel colgaron un feixe de fotos do día do Intercambio 2017.
Xa estamos contando os días para o seguinte. Moitas grazas por esta agarimosa lembranza!
venres, 12 de maio de 2017
xoves, 11 de maio de 2017
Ti non es da volta?
Seguindo a estela doutros vídeos realizados na Costa da Morte e en Ribadeo, chega Seis pasos para falar malpicán. Seguro que vos ha gustar.
sábado, 6 de maio de 2017
![]() |
Panteón de Galegos Ilustres |
ROTEIRO ROSALIANO: 3º da ESO
O Depto. de Lingua Galega, CC.SS. e o EDLG realizaron este roteiro o martes, 2 de maio, co alumando de 3º, pola cidade de Santiago, Bastavales e Padrón, para visitar algúns dos lugares máis significativos nos que viviu e se se inspirou Rosalía de Castro para escribir a súa obra literaria. Con isto pretendemos que o alumndo comprenda máis facilmente a obra da autora e tome conciencia da súa importancia.Comezamos a visita en Santiago no Museo do Pobo Galego e no Panteón de Galegos Ilustres, onde está enterrada actualmente a autora, para pasar polo antigo Liceo da Xuventude, pola catedral, Alameda (IES Rosalía de Castro, antiga Sociedade Económica dos amigos do País onde ela estudou) e Praza de Vigo, (lugar de nacemento de Rosalía) onde se atopan distintos monumentos no seu honor. De aquí desprazámonos a Bastavales onde xantamos e recitamos "Campana de Bastavales..." para dirixirnos despois a Padrón, primeiro á Casa-Museo, e logo ao pazo de Arretén e ao Espolón, onde hai tamén outro monumento adicado á autora. E xa desde alí regresamos ás nosas casas da Coruña despois de pasar unha xornada intensiva mais marabillosa e inesquecible.
![]() |
| Museo do Pobo Galego |
![]() |
| Panteón de Galegos Ilustres |
![]() |
| Alameda de Santiago |
![]() |
| Praza de Vigo |
![]() |
| Bastavales |
![]() |
| Casa Museo de Rosalía- Padrón |
CHARLA CO ESCRITOR PEDRO FEIJOO: A MEMORIA DA CHOIVA
O 27 de abril visitounos o autor da novela A memoria da choiva, Pedro Feijoo, para falarlle ao alumnado de 4º da ESO sobre o proceso creativo literario e para darlle claves para unha boa interpretación desta marabillosa novela que relaciona a intriga e o misterio co mundo ficcional de Rosalía de Castro polas terras de Santiago, Padrón e A Coruña. Como podedes comprobar, o alumnado estivo totalmente volcado nas palabras do autor e manifestou a súa satisfacción por estes encontros que vimos realizando con distintos autores.

Taller de Xornalismo
TALLER DE XORNALISMO, 24/04/2017
Este día realizouse un taller de xornalismo para o alumnado de 3º da ESO organizado polo Depto. de Galego e polo ENDL, para o cal contamos cunha xornalista, Lucía Álvarez, da Escola de Xornalismo de Santiago. Este taller desenvolveuse durante 2 horas para cada 3º cun grande interese e participación do alumnado.

venres, 5 de maio de 2017
Semana do libro no Otero
Esta semana foi moi especial. Recibimos a visita de antigas profesoras do centro que nos viñeron ler un anaquiño do seu libro favorito.Teba, profesora de E. Plástica e visual, foi a invitada para 4º ESO. Veu ler Huckleberry Finn de Mark Twain.

-----------------------------------------------------------------------------------------------
Pedro Feijoo, o autor de A memoria da choiva, leu para o alumnado de 2º un anaco da obra de Suso de Toro, concretamente un relato de Polaroid. 
María Gómez Zamora, a profesora de Matemáticas de 1º, interrompeu a súa baixa para virnos ler un fragmento dunha obra que nos deixou a todos emocionados: A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos

-----------------------------------------------------------------------------------------
Julia Franco, profesora de Lingua española e literatura, xa xubilada, veunos ler o comezo de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Contounos que nun dos seus destinos, tivera a sorte de coincidir varias veces con Neira Vilas. O exemplar que traía estaba asinado polo autor.
Ademais, tamén nos leu un anaco de Cousas de Castelao.
xoves, 4 de maio de 2017
Letras galegas 2017
Proposta de actividades. Entra nesta imaxe e le a información que che proporciona cada un dos puntos. Realiza as actividades online que están enriba do barquiño.
https://www.thinglink.com/scene/916591781590597634
https://www.thinglink.com/scene/916591781590597634
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)