Teba, profesora de E. Plástica e visual, foi a invitada para 4º ESO. Veu ler Huckleberry Finn de Mark Twain.
-----------------------------------------------------------------------------------------------
Pedro Feijoo, o autor de A memoria da choiva, leu para o alumnado de 2º un anaco da obra de Suso de Toro, concretamente un relato de Polaroid.
María Gómez Zamora, a profesora de Matemáticas de 1º, interrompeu a súa baixa para virnos ler un fragmento dunha obra que nos deixou a todos emocionados: A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos
-----------------------------------------------------------------------------------------
Julia Franco, profesora de Lingua española e literatura, xa xubilada, veunos ler o comezo de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Contounos que nun dos seus destinos, tivera a sorte de coincidir varias veces con Neira Vilas. O exemplar que traía estaba asinado polo autor.
Ademais, tamén nos leu un anaco de Cousas de Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario