Lembro o momento no que todas nós chegamos a esta aula, hai cousa duns 9 meses. Xa tiñamos unha lixeira idea do que era o instituto: un lugr onde tes unha morea de exames e deberes que che quitan gran parte do teu preciado tempo. Ao lonto deste curso, aprendín que non todo era así.
Hoxe, na nosa última clase de Oratoria, doume conta de que non quero que remate.
Persoalmente, non cambiaría nada, excepto a cantidade de exames. Pero os bos amigos, as novas amizades,os amigos que son como os teus irmáns, os risos, a diversión, as carreiras polos corredores, os cambios de data dos exames, as parvadas dos profes... todo iso é irremplazable.
Neste curso, aprendín (ademais das materias) a non ser tímida, a non ter vergoña, a entenderme a min mesma pero, sobre todo, que os risos entre amigos e compañeiras son capaces de curar ata as feridas de pura traizón e tristura. Nunca esquecerei as conversas Pokemon, o humor da clase, a familia de Félix, as clases con Patricia, a Bort bailando, as máquinas de Estrella, as sesións de cine, as nosas caras de feliciade cando faltaba algún profe.
En conclusión, 2º da ESO foi un curso cheo de sorpressas que terei gravado na miña memoria para sempre
Saúde e terra!
Rita Calviño
Ningún comentario:
Publicar un comentario