sábado, 10 de novembro de 2018

ROTEIRO OTERIANO 2018-2019

Un ano máis o Depto. de Galego e os depto. de Xeografía e Historia e de Normalización da Lingua Galega do IES R. Otero Pedrayo realizaron o Roteiro oteriano para afondar máis na figura e na obra do Patriarca das Letras Galegas, Ramón Otero Pedrayo.
Para cumprir con ese obxectivo visitamos o Mosteiro de Oseira, O pazo de Trasalba e a cidade de Ourense, escenarios que dun xeito ou doutro influiron na súa obra e na súa vida. Alí contamos con guías que nos foron amosando ditos lugares e explicando como influíron estes nas súas obras. De feito, en Trasalba, puidemos ver o mapa de Domingo Fontán ao que se fai alusión na súa novela Arredor de si,  ou ben a fachada barroca da capela dun dos pazos que aparece noutra das súas obras como é Os camiños da vida.










mércores, 23 de maio de 2018

Intercambio Lingüístico con Coristanco

Un ano máis puxemos cara e voz a aquelas persoas coas que intercambiamos cartas durante todo o curso. Este ano tocounos facer de anfitrións e anfitrioas do alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, na súa inmensa maioría, seareiros do Club de Lectura, Coristranca.
Desta vez, despois de recibírmolos no Centro, dirixímonos á cidade dos cabaleiros, para visitala, coñecer o Museo das Mariñas e rematarmos dando un paseo polo parque do Pasatempo.
Foi unha visita de confraternidade, na que houbo lugar para o coñecemento, a diversión e o intercambio de agasallos.
Agardando xa polo próximo encontro:








venres, 27 de abril de 2018

ROTEIRO PONDALIANO

O 24 de abril, os Departamentos de Lingua Galega e Ciencias Sociais realizamos o Roteiro Pondaliano,  co alumnado de Segundo da ESO.
Visitamos o Castelo de Vimianzo acompañados dun guía que nos contou a historia do mesmo e posteriormente, nos levou ver o funcionamento dos batáns de Mosquetín .
Pola tarde, adentrámonos no territorio Pondaliano, estivemos na Ponteceso, recitando uns poemas fronte á casa do bardo para acudir despois á Fundación Eduardo Pondal. Rematamos a visita no faro de Brántoa.
Eis unha mostra fotográfica do mesmo:








mércores, 25 de abril de 2018

ROTEIRO ROSALIANO



Como cada curso, o alumnado de 3º da ESO do noso IES realiza este roteiro literario para aprofundar  na obra e na personalidade da nosa insigne escritora Rosalía de Castro. Este é un roteiro interdisciplinar no que participa non só o Depto. de Galego senón tamén o de Xeografía e Historia e o ENDLG.
Realiazamos o roteiro o 24 de abril tal e como tiñamos programado. Durante a visita vimos a praza do Obradoiro, o Pórtico da Gloria, o Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres, diversos lugares de Santiago relacionados con vivencias de Rosalía, como o seu lugar de nacemento, o centro no que estudou (hoxe IES Rosalía de Castro) ou monumentos adicados a ela como o da Alameda.
De Santiago marchamos a Bastavales para oír as campás e recitar o poema "Campana de Bastavales /cando vos oio tocar/ mórrome de soidás ...", e de aquí dirixímonos a Padrón para ver o monumento adicado a Rosalía que hai no Espolón e logo visitamos a Casa-Museo na que rematou os seus días alá por 1885.
Aquí podedes ver algunha imaxes e vídeos da visita cultural que realizamos.


Museo do Pobo Galego





Panteón de Galegos Ilustres


Monumento a Rosalía na Alameda

Praza de Vigo (lugar de nacemento de Rosalía)


Alameda

Padrón ( no Espolón)
  Bastavales
Bastavales

Casa_Museo, Padrón