Amosando publicacións coa etiqueta Encontro con escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro con escritores. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de febreiro de 2019

ANXO FARIÑA NO NOSO CENTRO

O día 5 visitounos Anxo Fariña, creador e ilustrador da saga máis vendida até o momento: OS MEGATOXOS. Con Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa visitamos a época castrexa, a medieval...e na última entrega convertémonos en protagonistas da batalla de Rande.
Lemos tamén con moito interés  A chave da Atlántida, e tivemos algunhas lectoras que se atreveron con 4 Xinetes.
Foi magnificamente presentado por Alía e Mara, de 1º B; falounos do seu proceso creativo; contestou todas as preguntas e debuxou, debuxou...e deixounos un agasallo para o Centro. Moitas Grazas!