Este xoves, 17 de xaneiro, realizamos unha nova visita á RAG e á Casa-Museo E. Pardo Bazán co alumnado de 4º da ESO do noso IES. Esta actividade vímola desenvolvendo curso tras curso por ser de sumo interese tanto para o Depto. de Galego como para o Depto. de Castelán por adquirir interesantes coñecementos dunha parte do currículo de ambas as materias.
Da Academia informáronnos da súa historia, dos seus obxectivos, dos seus logros, das súas funcions, das súas seccións e dos traballos dos distintos seminarios.
De E. Pardo Bazán faláronnos da súa vida e da súa época, do avanzado do seu pensamento e da calidade literaria das súas obras, moitas delas relacionadas directamente coa nosa cidade, "Marineda". Tamén nos explicaron os movementos literarios que cultivou e o seu labor na prensa da época.
Amosando publicacións coa etiqueta Equipo de normalización e dinamización da Lingua Galega b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Equipo de normalización e dinamización da Lingua Galega b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 19 de xaneiro de 2019
martes, 27 de febreiro de 2018
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
24 de febreiro, HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Neste día tan importante para a Lingua e a Literatura galegas, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do noso IES quixo participar nesta homenaxe con recitados de poemas do alumnado e do profesorado polas distintas aulas, e mesmo, con acompañamento de dúas expertas pandereteiras que tocaron e cantaron "Adiós ríos, adiós fontes" como podedes observar no seguinte vídeo.![]() |
| Alumnado de 4º e profesoras recitando a Rosalía |
![]() |
| Alumnado de 3º e 2º recitando a Rosalía polas aulas |

![]() |
| Un cuarteto recitando "Adiós ríos, adiós fontes" acompñadas un profe lendo un texto das Literatas. |
![]() |
| Exposición das obras da autora na Biblioteca do centro. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















