Amosando publicacións coa etiqueta Pola igualdade de xénero; non máis violencia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pola igualdade de xénero; non máis violencia b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 16 de decembro de 2017
Entrega de premios
O venres procedemos á entrega de premios do concurso Dillo ti: carta a un maltratador
Noraboa a tod@s @s participantes e moitas grazas
Eis a listaxe dos gañadores:
2º ESO: Jeni Belén Acosta
Daniel Mariño
3º ESO : Óscar Núñez
Lola Wei
Fátima García
4º ESO: Iria García
Eva Fernández
Xoán Bonome
Patricia Rama
E os gañadores do concurso de Chíos pola Igualdade, foron:
Jorge Macia Cuevas
Marco Barral García.
Moitos parabéns a tod@s
martes, 28 de novembro de 2017
DILLO A QUEN MALTRATA
Velaí unhas cantas cartas do noso alumnado que ben merecen ser lidas para reflexionar sobre A VIOLENCIA DE XÉNERO e acabar así con esa lacra social. DILLO A QUEN MALTRATA.
“Querido”
Xabier:
Xa
que é unha carta será conveniente respectar os formalismos que esta
nos impón.
Se
ata unha carta nos impón algo, soamente un medio de comunicación xa
anticuado, imaxínate o que pode facer algo máis grande e
forte...algo coma...ti? Si, es ti ao que me refiro.
Imaxínate
o que se sente cando alguén te intimida,te acorrala e te insulta.
Fai que te sintas pequena, diminuta, inservible. Consegue que ti
mesma creas que só eres un obxecto. Mellor dito: O SEU obxecto.
Imaxínate a dor que se sente
cando alguén te golpea e che fai dano exteriormente, claro, que é o
que se ve; pero tamén existe a dor interior. Esta é irreparable,
dolorosa e insoportable pero… Que vas saber ti?
Ti isto ti non o comprendes.
Non tes nin idea, a túa sensación máis parecida a esta foi cando,
de pequeno, caías xogando ao pilla-pilla. Ti ves isto dende outro
punto de vista, o máis alto, ti sénteste poderoso, por someter a
alguén desta maneira; indestrutible, porque eu non me podería
revelar contra ti pero, o peor, é que non te arrepintes dos teus
actos senón que te sentes orgulloso.
Con esta carta , só che pido
que penses no que sinte a persoa que está baixo os teus pés. E son
amable, xa que so é unha súplica, un rogo e non te intimido, te
insulto, te golpeo e fágoche creer que estás só nunha escuridade
afogante onde a máxima luz é un raio negro cando ti desapareces
durante horas, aínda que iso so non é nada comparado co que ven
despois.
Así, despídome:
Nunca máis túa
ROSA
PATRICIA RAMA 4º B
--------------------------------------------------------------------------------------------
CARTA
DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Mal
querido agresor:
Ola,
lembras o ano no que coñeciches á túa muller, perdoa, exmuller.
Estabades sempre xuntos e queríadesvos máis que nada neste mundo,
riades xuntos, chorabades xuntos e enfadabadesvos xuntos, a maioria
das veces sen ningún motivo e sempre o solucionabades. Cal foi o
motivo polo que estes anos remataron? Ti acabaches no cárcere e
ela... xa sabemos o que lle pasou.
Comezaches
a insultala, con insultos que a ela a ferían moito pero ti nin te
decatabas. Despois empezaches a ameazala e mesmo tamén á súa
familia. Ela xa estaba cansa de ti pero seguiu
aturando as túas ameazas e insultos. Cando perdiches o teu traballo
enfadácheste moitísimo e a rabia que tiñas soltachea contra túa
muller, pegandolle, insultandoa e ameazandoa. Este suceso foi a gota
que colmou o vaso, a razón pola que ela decidiu pedir o divorcio.
Ti
non aceptaches que ela se fose e decidiches vingarte, e non se che
ocorreu outra cousa que esperala depois do traballo e apuñalala
polas costas cando ninguén miraba.
Esperaches que ninguén te
mirase, porque es un covardee non sabes enfrontar os problemas se non
é con violencia, porque a sociedade de hoxe en día xa non atura
máis aos maltratadores e xente coma ti xa non pode ter cabida nestes
tempos actuais. Hoxe esiximos respeto e nas escolas aprendemos que
todos somos iguais, que temos os mesmos dereitos ca vós e que ese
valores impediran que o día de maña haxa persoas como ti, porque xa
non calareimos máis. Diremos: BASTA XA!
Eva
Fernández Carrón 4ºB
sábado, 25 de novembro de 2017
DILLO TI
Eis algunhas das cartas coas que o noso alumnado participou no concurso deste ano.
Que o es, que lle pegaches, que a humillaches, que a menosprezaches...por que, por que a maltratas?Dirás que a culpa é súa, que te está volvendo tolo, que ti só intentas educala e por riba chora, que vive do teu soldo.
Por que se queixa? Preguntaraste. Voucho dicir: quéixase porque non vive , porque fas que se sinta inferior, mala, fea.... Acovárdala, ameázala, dáslle patadas... Patadas que eu tamén sufría.
Mais todo iso rematou un día:
Eran as oito da mañá, mamá estaba sentada no sofá, morta de sono, cansa de limpar, de fregar, de cociñar, con olleiras. Non durmira en toda a noite por medo a que apareceses, a que chegases e che apetecese pegarlle para ocultar a túa borracheira, como facías habitualmente. Ela seguía alí, resistindo; xa limpara a TÚA casa, planchara a TÚA roupa, lavara os TEUS pratos. Mentres, eu durmía, mais acababa de espertar. Porque,de súpeto, oíuse como metías a chave na pechadura, abriuse a porta e apareceches ti, coa camisa por fóra, vociferando. Mamá tiña medo, e eu tamén. Porque por moitas veces que viviamos esta escena, nunca nos acostumabamos a ela. Ás veces mamá pensaba "e se se lle vai a man e me mata?" Pero cría que tiña que aguantar, que ti eras bo porque lle dabas unha casa e unha " vida". Eu intentaba explicarlle como eras e realidade, que podiamos fuxir os dous, pero non era quen de darme a entender.
Ti aínda non acabaras a festa, querías máis e agarráchela. Mamá díxoche que non era o momento, que estaba cansa. Pero ti seguías coas túas, baixácheste os pantalóns... Pero esta vez o final ía ser distinto, mamá agarroute e deuche unha bofetada. Aínda recordo a túa cara nese momento, estabas confuso, ela nunca se negara a nada, e sorprendeute.
Nese momento mamá e máis eu marchamos correndo da casa, durmimos durante uns meses na casa da tía. Mamá denuncioute e deixou que a xustiza resolvese todo.
Agora, que sei que estás no cárcere diríxome a ti. Escríboche esta carta para dicirche que eu nunca fun quen de pronunciar a palabra "papá", que non estou orgulloso de levar o teu apelido, que cando todos os compañeiros da clase presumen de seus pais, eu teño que calar e chorar, choro de impotencia, choro porque sei que o meu pai non é unha persoa, é un monstro.
Mamá tivo o valor de fuxir e resolver o problema, pero hai moitas mulleres que seguen sufrindo por culpa de persoas coma ti. Eu non estou disposto a permitilo. Por iso, agora máis que nunca:
CARTA A UN MALTRATADOR
Para ti, maltratador:Que o es, que lle pegaches, que a humillaches, que a menosprezaches...por que, por que a maltratas?Dirás que a culpa é súa, que te está volvendo tolo, que ti só intentas educala e por riba chora, que vive do teu soldo.
Por que se queixa? Preguntaraste. Voucho dicir: quéixase porque non vive , porque fas que se sinta inferior, mala, fea.... Acovárdala, ameázala, dáslle patadas... Patadas que eu tamén sufría.
Mais todo iso rematou un día:
Eran as oito da mañá, mamá estaba sentada no sofá, morta de sono, cansa de limpar, de fregar, de cociñar, con olleiras. Non durmira en toda a noite por medo a que apareceses, a que chegases e che apetecese pegarlle para ocultar a túa borracheira, como facías habitualmente. Ela seguía alí, resistindo; xa limpara a TÚA casa, planchara a TÚA roupa, lavara os TEUS pratos. Mentres, eu durmía, mais acababa de espertar. Porque,de súpeto, oíuse como metías a chave na pechadura, abriuse a porta e apareceches ti, coa camisa por fóra, vociferando. Mamá tiña medo, e eu tamén. Porque por moitas veces que viviamos esta escena, nunca nos acostumabamos a ela. Ás veces mamá pensaba "e se se lle vai a man e me mata?" Pero cría que tiña que aguantar, que ti eras bo porque lle dabas unha casa e unha " vida". Eu intentaba explicarlle como eras e realidade, que podiamos fuxir os dous, pero non era quen de darme a entender.
Ti aínda non acabaras a festa, querías máis e agarráchela. Mamá díxoche que non era o momento, que estaba cansa. Pero ti seguías coas túas, baixácheste os pantalóns... Pero esta vez o final ía ser distinto, mamá agarroute e deuche unha bofetada. Aínda recordo a túa cara nese momento, estabas confuso, ela nunca se negara a nada, e sorprendeute.
Nese momento mamá e máis eu marchamos correndo da casa, durmimos durante uns meses na casa da tía. Mamá denuncioute e deixou que a xustiza resolvese todo.
Agora, que sei que estás no cárcere diríxome a ti. Escríboche esta carta para dicirche que eu nunca fun quen de pronunciar a palabra "papá", que non estou orgulloso de levar o teu apelido, que cando todos os compañeiros da clase presumen de seus pais, eu teño que calar e chorar, choro de impotencia, choro porque sei que o meu pai non é unha persoa, é un monstro.
Mamá tivo o valor de fuxir e resolver o problema, pero hai moitas mulleres que seguen sufrindo por culpa de persoas coma ti. Eu non estou disposto a permitilo. Por iso, agora máis que nunca:
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
ÓSCAR NÚÑEZ MAYO, 3º C
sábado, 11 de novembro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












