Amosando publicacións coa etiqueta Correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Correlingua. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de xuño de 2017

En galego sen cancelas



Este era o lema proposto para o Correlingua deste ano. Decidimos facer unha mesa redonda con alumnado e familias. Somos un centro urbano e, polo tanto, somos diversos.

A conclusión á que chegamos é que a moito do noso alumnado soamente lle falta DAR O PASO, atreverse a falar galego con calquera.

Grazas a todos e todas as participantes

domingo, 8 de maio de 2016

Correlingua

O día 3 de maio a alumnado dos centros educativos da Coruña e comarcas asistiron ao CORRELINGUA 2016, unha actividade de reivindicación e defensa dos dereitos e usos da lingua galega. Cada centro participou con animacións moi diversas partindo do verso dun poema de Manuel María e lema deste ano "O GALEGO ESTÁ EN NÓS". O noso centro participou co alumnado de 2º e 4º da ESO con pancartas e lemas escritos en globos, ademais de ter participado previamente no concurso do MANIFESTO. De todo isto velaquí unhas  imaxes de mostra.









mércores, 20 de abril de 2016

Correlingua .:A forza da palabra:.

Como sabedes, Zënzar gañou o Cantalingua. Aquí tedes o karaoke da canción coa que gañaron, ademais dun vídeo realizado por unhas alumnas sobre outra canción súa que se titula "O galego"


ç

Aquí vos deixo a letra:

O GALEGO 
FALA GALEGO E NON TEÑAS MEDO 
CANTA EN GALEGO E NON SERÁS MENOS 

HABERÁ QUÉN CHE DIGA, FALA “CASTEJANO 
O GALEGO NON SERVE, FALAR DE ALDEAN 

APRÉNDEO DOS MAIORES, ENSÍNALLELO AOS PEQUENOS 
SE NON ENTENDEN, QUE TRAIAN TRADUTORES 

NON É COMERCIAL, NIN CULTURAL 
ATENTADO Á MORAL, SEÑORITOS DA CAPITAL 

BERRA BEN FORTE, QUE SE DECATEN EN “MADRÍ” 
O GALEGO NIN TOCALO, FÓRA DE AQUÍ ! 

GALEGO DE VERDADE, NON DE POSTUREO 
OUTROS FANSE FOTOS, AÍNDA NON O CREO 

QUÉRENNOS CALAR, SILENCIANDO ESTE FALAR NIN GRANDES ESCENARIOS, NIN RASTRO NO XORNAL 

DIRCURSO DE POLÍTICO BEN APRENDIDO 
ALGÚN NON SABE LELO E MENOS ESCRIBILO 

EU SON GALEGO DE PAI E NAI 
ESTA É A MIÑA TERRA, PARA BEN E PARA MAL