Amosando publicacións coa etiqueta intercambio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intercambio. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de maio de 2018

Intercambio Lingüístico con Coristanco

Un ano máis puxemos cara e voz a aquelas persoas coas que intercambiamos cartas durante todo o curso. Este ano tocounos facer de anfitrións e anfitrioas do alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, na súa inmensa maioría, seareiros do Club de Lectura, Coristranca.
Desta vez, despois de recibírmolos no Centro, dirixímonos á cidade dos cabaleiros, para visitala, coñecer o Museo das Mariñas e rematarmos dando un paseo polo parque do Pasatempo.
Foi unha visita de confraternidade, na que houbo lugar para o coñecemento, a diversión e o intercambio de agasallos.
Agardando xa polo próximo encontro:








xoves, 6 de abril de 2017

Intercambio lingüístico 2017



Os clubs de lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel e do IES Ramón Otero Pedrayo volveron vivir un día de Intercambio. Desta volta, o anfitrión foi Coristanco.

Prepararon un fermoso vídeo presentando a súa contorna, as súas parroquias e lugares.

Tamén falamos dos libros que lemos durante este curso, algúns deles, compartidos.

E despois dedicámonos a pasalo ben, pero todos xuntos. A visita ao MELGA foi moi divertida. O seu creador, Ricardo Pérez y Verdes, explicounos tantas e tantas cousas que algúns aínda quedamos con ganas de saber máis. Xogamos ás carrilanas, ao varapau, aos birlos e a moitas outras cousas.

Fomos xantar á praia de Balarés onde tamén fixemos algo de deporte tradicional.

Moitas grazas a tod@s @s que traballaron para que este día fose fantástico.


xoves, 2 de xuño de 2016

E xa pasou o intercambio



Despois de tantas cartas, tantos libros, tanta expectativa, chegou o día do Intercambio 2016.

Nesta ocasión, o alumnado de Coristanco visitounos na Coruña. O IES Ramón Otero Pedrayo fixo de anfitrión e guía por distintos lugares da cidade.

Desfrutamos dun día diferente con algo de todo e sobre todo, con sol.

Ata o ano que vén!!!