luns, 1 de xullo de 2019
O Portal das palabras
Nesta páxina poderedes atopar definicións, xogos interactivos, vídeos, recursos para aprender galego e en galego.
domingo, 7 de abril de 2019
ENCONTRO LITERARIO CON CARLOS NEGRO
O martes, 2 de abril, o alumnado de 4º de ESO tivo un encontro literario co escritor CARLOS NEGRO que lle veu falar da súa obra poética, e máis concretamente da última publicada: Aplicación instantánea, que eles leron con anterioridade. Este resultou un encontro super interesante porque o alumnado preguntou e intercambiou impresións co autor sobre o libro, e disfrutaron da poesía dun xeito distinto. Serviu para que se achegasen máis á poesía e comprobasen que este xénero literario tamén é accesible e interesante para eles e que pode conectar e "enganchar" tanto coma calquera novela.
TALLER DE XORNALISMO EN 3º DA ESO
Os departamentos de Lingua Española e Lingua Galega organizaron un taller de xornalismo para achegarse a unha parte do currículo de 3º da ESO con profesionais da Escola de Xornalismo de Galicia que viñeron gratuitamente ás nosas aulas impartir esta actividade tan interesante e que fai reflexionar ao alumnado sobre o que ve e o que le nos medios de comunicación. Aprendeulles a contrastar informacións e non ser manipulados facilmente. Estas foron unhas aulas distintas nas que o alumnado participou activamente e interactuou moito co xornalista que llas impartiu contrastando opinións entre os grupos e reflexionando sobre os temas presentados. Proba disto son as seguintes imaxes:
RADIO "CUAC" F.M.
Un ano máis, un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO do noso IES preparou e gravou un programa de radio en directo dunha hora de duración na sección A fume de carozo que se emite todos os martes de 17 a 18 h. en radio Cuac F.M.. Este programa gravouse o martes, 12 de febreiro, e podédelo escoitar cando queirades entrando no programa dese día:
O DÍA DE ROSALÍA
Chegou o día e chegou a romaría... aló fomos...
Unha serie de alumnos e alumnas de todas as aulas foron recitando poemas de Rosalía de Castro polas clases acompañados do profesorado de Lingua Galega e Literatura para homenaxear a nosa insigne escritora polo aniversario do seu nacemento alá polo 24 de febreiro de 1837 e que supuxo a consecución do estátus do galego como lingua culta e literaria, de aí a nosa débeda eterna con ela.

RECITADO DE 4º da ESO
RECITADO DE 3º
luns, 11 de febreiro de 2019
ANXO FARIÑA NO NOSO CENTRO
O día 5 visitounos Anxo Fariña, creador e ilustrador da saga máis vendida até o momento: OS MEGATOXOS. Con Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa visitamos a época castrexa, a medieval...e na última entrega convertémonos en protagonistas da batalla de Rande.
Lemos tamén con moito interés A chave da Atlántida, e tivemos algunhas lectoras que se atreveron con 4 Xinetes.
Foi magnificamente presentado por Alía e Mara, de 1º B; falounos do seu proceso creativo; contestou todas as preguntas e debuxou, debuxou...e deixounos un agasallo para o Centro. Moitas Grazas!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)