mércores, 16 de setembro de 2015

Curros Enríquez, actual aos seus 164 anos

Chegamos tarde, hai dous días sería o aniversario do nacemento de Curros Enríquez. Está enterrado en San Amaro. Ata hai poucos anos, aínda viña a súa neta todos os veráns visitar esta cidade ligada ao seu avó.

Por que dicimos que está de actualidade? Lede este poema e pensade na situación actual

ÓS MOZOS

(Manuel Curros Enríquez)

¡





Que triste está a aldea, 
que triste e que sola!
¡A terra sin frutos, a feira sin xente
sin brazos o campo, 
sin nenos a escola,
sin sol o hourizonte, sin fror a semente!

A pedra i as nubes 
a sembra arrasando,
agoiran un ano de fame sombría; 
sin pan os labregos
nin herba pró gando,
¿que vai a ser deles na crúa invernía?

Manadas famentas 
de lobos montesos
baixaron das chouzas na noite calada, 
e postos en ringla,
cos ollos acesos
acenan dos probes prá porta pechada...

Mociños honrados 
de sangue bravía,
si ó mal dos petrucios non fordes alleos
librádeos da morte, 
¡facei montería
nos lobos da terra, nos lobos dos ceos!.

("Aires da miña terra", 1880)

Ningún comentario:

Publicar un comentario