mércores, 6 de abril de 2016

O alumnado de 3º e 4º ESO do noso IES gravou o martes 5 de abril o seu 2º programa de radio deste curso na emisora CUAC FM 103.4

Este programa fala de Manuel María e contén unha entrevista coa presidenta e secretario da Fundación Manuel María, Saleta e Alberte respectivamente, así como con seccións adicadas a lendas galegas, etc. Que o disfrutedes!

Poderédelo escoitar o xoves 7 ás 8 da mañá ou o sábado 9 ás 15 h. ou o domingo 10 ás 9 h.

Aquí podedes descargar o PODCAST: 

 
Se queredes descargalo, pulsa o botón dereito do rato sobre o botón de reprodución da páxina web, e xa vos sae un menú que permite descargar o arquivo de audio en formato MP3.

Podedes buscalo tamén na súa páxina web: https://cuacfm.org/programacion/
   (5 de abril)

Programación---A fume de carozo





Ningún comentario:

Publicar un comentario