martes, 14 de febreiro de 2017

Deixa que Rosalía entre na túa vida

 

Cada clase de 1º ESO do IES Ramón Otero Pedrayo fixo a súa interpretación da poesía de Rosalía. Unha das clases, escolleu versos recoñecibles da súa poesía, segundo os seus propios gustos.

Pasamos dúas semanas recitando Rosalía e escollendo poemas. Este ano gustou moito, aínda que non apareza no vídeo, Agora cabelos negros.

Pero o gañador absoluto foi Adiós ríos, adiós fontes. Moito do noso alumnado xa o coñecía e lembrábao enteiro, recitado e cantado.

Grazas á AELG pola idea do Mannequin. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario