CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

HOMENAXE A ROSALÍA POLA DATA DO SEU NACEMENTO (24/FEBREIRO/1837)

Con motivo da celebración do nacemento de Rosalía de Castro, a autora máis importante para a recuperación da dignidade da lingua e da literatura galegas despois dos desgrazados Séculos Escuros, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega homexeou o venres 28 á nosa insigne escritora cunha dramatización do seu coñecido poema A xustiza pola man por parte dun grupo de alumnos/as de 4º da ESO e cuns recitais de profesores e alumnos de diferentes niveis que foron recitando a súa poesía de Cantares galegos e Follas novas en galego, francés e inglés por todas as aulas, como mostra da vixencia e importancia que ten non só dentro da literatura galega senón tamén dentro da literatura universal, sendo lida e estudada en máis de 20 linguas distintas e en case que todos os continentes. Como mostra desta actividade velaquí unha serie de videos e fotografías.

Dramatización de A xustiza pola man


2ª versión de A xustiza pola man


Recitado dunha profesora en francés


Recitado dun alumno en francés

Recitando en inglés

                                                      Recitando en galego e en inglés

Recitando en galego e en francés



Recitando en galego, francés e inglés







1 comentario:

  1. Homenaxes coma esta percorreron o país e deberían de servir de exemplo para reler a Rosalía dada a súa vixencia aínda na actulidade.

    ResponderEliminar