mércores, 10 de xuño de 2015

Roteiro Manuel María




O día 19 de maio fixemos unha excursión na que visitamos a casa museo de Manuel María e o castro de Viladonga. Alí fixemos figuras de arxila.
Manuel María era un poeta galego moi famoso. O seu libro máis coñecido é Terra Chá.O noso guía alí foi Fran, un rapaz moi simpático.
Gustoume moito a súa estantería chea de libros. Eu quero unha así.
No castro, ademais da visita, fixemos un obradoiro de olaría. Fixen unha taza. Na casa pinteina de negro e escribín en branco Metallica.
Nour Boubekeur, 1º B

Fran explicounos todo moi ben na casa de Manuel María. Respondeu a todas as nosas preguntas. O que máis me gustou foi a biblioteca porque tiña libros que non se atopan en todas as bibliotecas. Tamén fomos homenaxear ao escritor na súa tumba. Chamoume a atención que todas as tumbas estaban moi pegadas

Sandra Cabarcos , 1º B

No castro sorprendéronme o pequenas que eran as casas nas que vivían naquela época.

María Eirín, 1º B

Manuel María tiña unha impresionante colección de libros. 
Encantoume a visita ao castro, souben diferenciar todos os lugares da antiga vila. Sorprendéronme as murallas derruídas, vaia defensa tiñan!
Eu fixen unha pokeball no obradoiro de olaría.

Alejandro Andrés de Lima, 1º B

Lembro que na casa de Manuel María había unha colección de navallas. Seica levaba sempre unha no peto. Gústanme os seus versos: 
Galicia docemente
está ollando o mar
ten portos mariñeiros
e terras pra labrar

Ana Carreras, 1º B

O noso guía na casa museo era moi amable, respondeu ás moitas preguntas que fixemos. 

Pensei que o castro sería máis grande do que era. No obradoiro de olaría fixen unha copa para regalarlle á miña nai.  

Franco Díaz, 1º B

Pensaba que a tumba de Manuel María estaría sinalada como a dun gran escritor. 

Iker Suena, 1º B

Había moitos libros. Foi abraiante que os trasladasen desde a súa casa de adulto ata á de neno e que os colocasen exactamente no mesmo lugar no que estaban orixinalmente. 

Eva Fernández, 1º B

Que cantidade de navallas tiña Manuel María!!

Ángeles Montoya, 1º B  

O 19 de maio fomos á casa de Manuel María, un poeta galego que naceu nunha casa labrega. Agora, esa casa é unha casa museo. O traballo de Fran, o seu guía, debe ser interesante. 

Había unha escultura entre dous espellos que me gustou moito. 
No cemiterio cantamos un poema de Manuel María, musicado por Fuxan os Ventos: O carro

Aldara Rodríguez, 1º B 

A excursión a Outeiro de Rei foi moi entretida e interesante. Aprendemos moitas cousas sobre Manuel María.
Tamén visitamos o cemiterio e a súa tumba era igual á do resto dos veciños.
A visita ao Castro de Viladonga tamén me gustou moito, explicáronnos moi ben como vivían os nosos antepasados e ademais, fixemos figuriñas de cerámica.

Paula Herrero Conde, 1º A

A visita foi moi "culturista ".... na casa de Manuel María respirábase cultura por todas as partes e encántame saber que alguén tan importante sea recordado e que nos institutos che dean a oportunidade de coñecer a súa casa ,a súa tumba, etc.
No castro respirábase moita historia arqueolóxica e ía un frío que pelaba e paseino moi ben, porque case caio nunha daquelas "casiñas".

Kalab Agulló Rodríguez, 1º A

A excursión foi divertida; fomos a Outeiro de Rei e a Viladonga. Aprendemos grandes cousas sobre os castrexos e sobre Manuel María.
Coñecemos a Fran, o guía do Museo, que era moi agradable.
Ao final fixemos figuriñas de cerámica, eu fixen un moucho e ben bonitiño que me quedou!
Sen dúbida foi unha excursión increíble!!!!

Iria García González, 1º A

Á viaxe á casa de Manuel María foi fantástica, a verdade é que tiña unha casa en condicións para os tempos que corrían.
Tamén me sorprenderon as coleccións que tiña,só vin a das navallas, mais o guía, Fran, moi amable, explicou que tiña moitas máis.
Aínda que a súa tumba me pareceu un pouco pequena para un escritor tan afamado.

Mario Guerra Castelo, 1º A





Ningún comentario:

Publicar un comentario