luns, 5 de decembro de 2016

Imaxina animais

Seguindo o exemplo do libro Imaxina animais, creamos novos seres na clase de Lingua

1º C
Cabalón
O cabalón é un cabalo moi moi redondo que bota e bota como un balón de fútbol. Soe vivir nos montes de Río de Janeiro, Brasil. Adoita comer herba do monte ou penso, se ten dono.
Ten que botar e botar para ser feliz. Se unha persoa o monta, ten que ser cunha sela especial porque está moi gordo.

Alexia Castro
@_alexiiiiss_

Ningún comentario:

Publicar un comentario