luns, 5 de decembro de 2016

Imaxina animais

A ordenadriña
Tamén coñecida polo nome de computiña,a ordenadriña é un híbrido entre unha andoriña e un ordenador. As súas plumas son de cor azul e laranxa, a súa cabeza é un Windows 10 cun pantallazo azul.

Soe vivir nos lugares con moita tecnoloxía ou en lugares moi altos para poder facer os seus niños tranquilamente. Aliméntase de microchips, discos duros e algún insecto pequeno, como as moscas. Tamén come miñocas. Cóntase que a xente que puido ver unha, non vive, porque cando teñen unha pequena sensación de perigo, atacan sen piedade e de forma brutal .

Alejandro Pan

Ningún comentario:

Publicar un comentario